Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta helena domínguez

Lance á talasonimia popular: o traballo de campo

Imaxe
 Presentación sobre o traballo de campo na recollida de nomes do mar, con motivo das X Xornadas de Onomástica, organizadas pola RAG en Pontevedra o 4 de outubro de 2025.

De cando Fontán atravesou o Vao

Imaxe
[Helena Domínguez] Cada vez que observo o mapa da ría de Arousa de Fontán (1845) non podo evitar viaxar a finais do século XIX e imaxinar o ilustre cartógrafo atravesando a cabalo os case dous quilómetros que separan a Illa de Arousa da veciña praia do Terrón, xa en terras de Vilanova. Non é máis ca unha fantasía, pois non existen evidencias do medio de transporte escollido por Fontán no seu traballo de campo por estas terras. O máis probable é que arribase á ínsula arousá en barco, se é que chegou a desembarcar nela algunha vez. Domingo Fontán, nado en Portas, investiu 17 anos da súa vida, entre 1817 e 1834, en confeccionar o que sería o primeiro mapa de Galicia deseñado con métodos científicos, denominado Carta Geométrica de Galicia ("domingo fontán", 2023). A fazaña non só requiriu botar man dos últimos adiantos tecnolóxicos, senón tambén percorrer Galicia de norte a sur para facer as oportunas mediçóns. Polo tempo que Fontán acudiu á Arousa, aínda se podía atravesa...

Guerra de tutelos na noite de Defuntos

Imaxe
  [Helena Domínguez] Ata os anos noventa, era habitual que os rapaces da Arousa organizaran guerras de tutelos na noite de Defuntos. Normalmente, as cuadrillas organizábanse por barrios: os do Monte, os das Laxes, os de Pedraserrada, os das Aceñas... e enfrontábanse todos contra todos, nunha emocionante batalla campal que tiña por escenario o cemiterio e as leiras próximas.    O tutelo é un instrumento construído con canela, que se utilizaba a modo de canón para disparar. Introducíase dentro a semente das hedras ou dos loureiros e, ao soprar, saían as boliñas disparadas. Non había que ir moi lonxe para obter a munición, xa que no propio Agro da Torre medraban abundantes arbustos. O impacto dos balotes, por certo, revestía certo perigo e había que ter moito coidado de que a un non lle acadaran nun ollo. O tutelo de canela rematou sendo substituído por tubos de plástico ou de metal, que se obtiñan de material de refugallo. Neste caso, a munición consistía en “carteruchos”...

Etnografía do liborio

Imaxe
                                           Liborios no Entroido da Illa de Arousa   [Helena Domínguez] Un dos trazos característicos do Entroido da Arousa e único no seu contorno é a existencia dos liborios. A propia orixe da palabra é, a día de hoxe, unha incógnita. O termo liborio non vén recollido nin no dicionario de galego, nin no de castelán, nin no de portugués. Si que aparece documentado como nome de persoa -na Arousa non se usa, claro, pois sería como poñerlle a un fillo algo así como “espantallo”- sen que o seu significado, “nacido en Líbora”, achegue pistas sobre a orixe dos liborios do carnaval arousán. Así as cousas, e até que alguén argumente o contrario, “liborio” é unha palabra nosa, dos arousáns da illa, para definir á xente que no Entroido se camufla baixo unha c...

Arqueoloxía: o esquecido conxunto de Riasón

Imaxe
Restos do que podería ser un antigo peirao Da area emerxen varias construcións rectangulares Detalle da cista máis completa Unha segunda cista E outra máis, aínda soterrada   [Helena Domínguez] O conxunto arqueolóxico dos Tarais-Riasón foi dado a coñecer aproximadamente hai cinco anos. A forte erosión do mar na zona deixou ao descuberto varias construcións de pedra, que chamaron á atención de Benigno Chaves, hoxe patrón maior da Arousa. Segundo publica Rías Baixas , Chaves alertou a uns arqueólogos, que fixeron unha primeira datación dos restos, situándoos entre a Idade de Bronce e a chegada dos romanos. Quen visite hoxe a zona, entre a praia de Riasón e dos Tarais, poderá ver dúas cistas que emerxen da area, e unha terceira semienterrada. Ademais, moi preto deste lugar, existen restos de muros, así como unha especie de rampa de pedras, que puido funcionar a xeito de peirao. É unha magoa que non existan estudos rigorosos sobre este interesante xacemento, totalmente des...

O Cambadés despídese da súa clientela

Imaxe
Luís, "O Cambadés", chegou con cinco anos á Arousa Interior da ferretería, coa primeira duplicadora de chaves que houbo na Arousa   [Helena Domínguez] Co remate do ano, bota o peche un dos comercios emblemáticos da Arousa, a ferretería do Cambadés, aberta en 1974. A do Cambadés foi durante moitos anos o único establecemento da illa especializado en suministros navais. Risóns, cabos, roupas de augas, instrumentos de pesca, carenas, alquitráns, estopa de calafatear... O Cambadés tiña todos os útiles necesarios para o desenvolvemento do traballo no mar, ademais de puntas e outras ferramentas de albanelería. Nos tempos de antes, vendía de “fiado” aos clientes de confianza, xa que era costume que os mariñeiros pagaran cando cobraban. Agora toca a retirada.

A arqueoloxía local

Imaxe
Escavacións no Areoso realizadas nos anos 90 Cerámica atopada no illote Areoso (Imaxes collidas do blog A pedra do encanto ) [Helena Domínguez] O xacemento máis importante aparecido na illa ata o momento é o cemiterio dos Bufos , descuberto en 1931 . Os terreos da necrópole, considerada da época romana, pertencen a propietarios privados, así que a zona aínda está pendente dun estudo arqueolóxico rigoroso. Parece ser que, entre outros achados, nos Bufos apareceron varias moedas imperiais e pezas de cerámica. Os restos non son visibles hoxe en día, xa que están cubertos de toxos e silvas, e probablemente pouco quedará deles despois de décadas de abandono e algún expolio. Tamén se atoparon construcións antigas nos Tarais e na Cova, pero tampouco foron postas en valor nin estudadas a fondo. Descoñécese a orixe dos muros que o mar deixou ao descuberto nestas praias. Os vestixios arqueolóxicos máis estudados son os do Areoso , onde se localizaron varias construcións funerarias da Id...

Os actores do conflito mexilloeiro

Imaxe
Concentración de bateeiros, este mediodía no porto de Vilanova   PLADIMEGA. (Plataforma de distribución de mexillón de Galicia). Central de compras de nova creación que pretende implantar un sistema de vendas unitario para a comercialización do mexillón en Galicia, cun reparto xusto e equitativo por batea. Está constituída por diversas asociacións de mexilloeiros, que representan ao 80% do sector, con 2.300 bateas das máis de 3.000 existentes. Tras frustrados intentos, Pladimega non conseguiu integrar a tres colectivos, Cons do Udra, Virxe do Rosario e Federación Arousa Norte. Cada un esgrime os seus motivos para non sumarse á central, aínda que fontes do sector sinalan tamén outra motivación: vender por baixo dos prezos que fixe Pladimega para acaparar mercado.   CONS DO UDRA. Colectivo de bateeiros da ría de Vigo no que conflúen latifundistas e minifundistas. A metade das bateas asociadas pertencen a moitos pequenos propietarios, mentres que a outra metade concéntrase n...

O “Arosa folk”, o festival da transición

Imaxe
    [Helena Domínguez] Non pasara aínda un ano da morte do ditador Franco, cando a “Delegación Nacional de la Juventud” decidiu organizar unha gran mostra de música na illa de Arousa, coa participación de representantes de todas as provincias españolas. Descoñezo as claves para interpretar o por que da elección xeográfica, pero chama á atención que fose nunha illa galega mal comunicada, con fama de díscola e na que o turismo era un fenómeno descoñecido. O caso é que entre o 4 e o 7 de setembro de 1976, tivo lugar no piñeiral de Testos o “Arosa Folk”, o primeiro gran espectáculo de masas que se celebrou na illa. Asistiron unhas 3.000 persoas e foi presentado por unha estrela televisiva da época, Eva Gloria, cara habitual dos espazos musicais de TVE. Naquel festival de ambiente hippi, con escenario ao aire libre e centos de mozos aloxados en tendas de campaña, comezaban a liberarse algúns xustillos do franquismo . A lingua galega estivo presente nos poemas musicados dalgúns ca...

O aire dos mortos

[Helena Domínguez] Ata hai ben pouco, nada máis rematar un enterro , xa había quen facía unha pequena fogueira de loureiros diante do cemiterio para afumarse e evitar así que algún meniño co que tivese contacto collera o “aire do morto”. Aínda quedan persoas que se afuman, sobre todo os máis vellos, pero en xeral, a poboación da illa desprendeuse deste ritual de fondas raíces. Na cosmovisión para a morte propia da sociedade tradicional galega, considerábase que os mortos podían deixar “aires” enfermizos –hoxe diriamos virus-, que se metían nos meniños, facendo que estes murcharan e quedaran cativos sen aparente explicación médica. Era entón cando se recorría á curandeira experta en sacar o aire e poñíase en marcha o tratamento. Aínda que resulte difícil de crer, era costume poñer o neno nunha pa e introducilo e sacalo do forno do panadeiro varias veces, de xeito rápido, sen que lle fixera ningún mal ao enfermo. A cerimonia completábase coa aplicación dun remedio de herbas , só coñe...

Pregóns dunha caracola... e A Ghrañola

Imaxe
[Helena Domínguez] Pregones de una caracola y narraciones de un grumete é probablemente a única novela que existe inspirada abertamente nas xentes e no xeito de vida da Arousa; unha Arousa case irrecoñecible hoxe en día. Escribiuna Juan Otero Dios "Nitucho", estando en Huelva en 1966, e constitúe unha xoíña por todo o que nos conta daqueles anos. Polas páxinas do libro desfilan personaxes e reais, desde o fareiro mallorquín que asistía a tódolos enterros, ata os "foleiros" que viñan da Pobra do Caramiñal traer fariña, ou o propio tío do autor, Manuel "Mighalla", un xubilado a quen os fillos lle tiñan que agochar a vela da dorna para que non saíse ó mar e puxese a súa vida en perigo. Un dos capítulos está dedicado a María "A Ghrañola", unha extravagante e entrañable muller, cuxo recordo permanece vivo na memoria popular colectiva.  Nos seus delirios, A Ghrañola soñaba con casar cun príncipe inglés. E cando a escuadra inglesa asomaba pola ría ...

As letriñas do Cano, historia popular

Imaxe
Comparsa o Cano   [Helena Domínguez] A comparsa máis antiga da Arousa,  polo menos, ata onde nos chega a memoria, é "O Cano",  formada exclusivamente por homes. Saiu por primeira vez no Entroido de 1947 e gozou dunha gran aceptación durante décadas, non só na illa. Un dos principais factores do seu éxito foron as súas letriñas,  que facían referencia ás preocupacións sociais, costumes e modas dos arousáns, nun tempo no que ningún medio de comunicación falaba da Arousa.

A revolución das sequeiras

Imaxe
Camaxe despois dunha xornada de seca   [Helena Domínguez] A investigadora norteamericana Sarah Keene Meltzoff realizou un traballo de campo na Arousa entre 1985-1986 e 1989-1991 para estudar como as mariscadoras se organizaban e constituían un cabildo. O cabildo é a entidade encargada de organizar as vedas do marisqueo (determina cando e onde se pode ir á seca), a vixilancia das praias (normalmente nos veráns porque son moitos os turistas que caen na tentación de espurruñar na area e levar o que non é seu) e os traballos de limpeza (se os areais se enchen de esterco, as ameixas afogan e morren). Ata daquela só había un cabildo para os homes. Que careceran de poder “político” non significa que as mulleres estivesen á marxe das actividades marisqueiras; de feito, ir á seca é un traballo tradicionalmente de mulleres. Tal e como explica a investigadora no seu interesante estudio , o éxito da organización do cabildo das mulleres foi propiciado por dous factores: elas controlaban os m...