Publicacións

Mostrando publicacións desta data: febreiro 22, 2009

Guerra de folletos entre populares e socialistas

Imaxe
Portada do folleto propagandístico lanzado polo PP da illa A resposta do PSOE, máis propaganda electoral Páxina interior do folleto dos populares Como xa fixeran en anteriores comicios electorais, as agrupacións do Partido Popular e do PSOE da illa volveron enfrontarse a escasos días das eleccións, mediante panfletos propagandísticos que distribuíron entre os veciños. Os primeiros en lanzar a súa ofensiva foron os populares, cunha publicación de aproximadamente dez páxinas, centrada en denunciar o que eles consideran os "farois" do grupo de goberno socialista. No folleto repasan as promesas incumpridas até o momento polo PSOE: a edificación de vivendas de protección oficial, a construción dunha piscina, dun pavillón de deportes e dun aparcadoiro subterráneo, entre outros. Pola súa parte, o PSOE respostou ao PP coa edición doutro folleto no que se defenden das acusacións e lanzan, ademais, un novo ataque: as subvencións que recibe por parte da Deputación de Pontevedra a Asoc...

Propaganda electoral: o folleto do PP

Imaxe
Fragmento do folleto propagandístico de 10 páxinas lanzado polo PP da Illa de Arousa con motivo das eleccións autonómicas 2009.

Proganda electoral: o folleto do PP

Imaxe
Con motivo das eleccións autonómicas 2009, a agrupación do Partito Popular da Illa de Arousa lanzou un folleto de propaganda electoral, no que ataca a xestión municipal do grupo socialista.

A temática 2009 das comparsas

Imaxe
Integrantes da comparsa As Rumorosas O desexo de chegar aos 5.000 habitantes , para que o Concello da Illa ascenda de categoría –e polo tanto teña acceso a máis servizos– o conflicto do mexillón e a construción da estrada do Chufre –con todas as súas consecuencias– son os temas de actualidade local máis tratados polas comparsas do Entroido 2009. As letras satíricas deste ano reflicten, ademais, outros asuntos próximos como a creación do punto limpo, as dificultades administrativas para traballar no marisqueo, os apagóns deste inverno ou os roubos nos bares. É de destacar a ausencia de críticas a “Vila PSOE” nas letras populares, a pesares da polémica que levantou, sobre todo na rede. Aquí teñen unha escolma do repertorio das comparsas: - As Rumorosas - Os M.D.A. - Os Carenas - A Comparsita Por certo, sábado desfile de carrozas, e o domingo, exhibición das comparsas. Aínda lles quedará voz?

As letras dos M.D.A. (2009)

Annus horribilis   QUEN? SON OS CULPABLES QUEN? PUTOS MISERABLES QUEN? DO ANO QUE PASOU QUEEEEEEN? XA ESTAMOS AQUÍ COMO EN OUTRAS OCASIÓNS AGORA OS M.D.A. ENTRAMOS EN ACCIÓN. VAMOS A EMPESAR CON ESE GRAN FOLLÓN QUE HUBO QUE ARMAR, POLO DO MEXILLÓN E MIRA PA AHÍ COMO HAI QUE ANDAR POR CULPA DESE MONO DE VILAXOÁN E DOS MANGANTES QUE VAN DETRÁS E AÍNDA OS TEMOS AQUÍ! SE CHE FAI FALTA UN BONITO ORDENADOR ALÍ NO CARREFOUR ATOPAS DO MELLOR. UN CAN CA RABIA, A CARA FOILLE MORDER A JOSÉ ANÍBAL, E SIN TER POR QUÉ. E SI VAN ROUBAR AO TEU BAR A UN ALBORIO DO NAVAL VAI RECLAMAR SE A MÁQUINA TES QUE CAMBIAR, PRÉNDELLE LUME TI. E AS POBRES DORNAS A QUEN LLE FIXERON MAL PA QUE COA MACHADA, AS JODA UN SUBNORMAL. DA CARRETERA A OBRA XA SE INAUJUROU, A PRIMEIRA PEDRA, RESULTA QUE VOOU. DESPOIS VÉN O PORCO DE DURÁN TERRORISTAS VENNOS O TIPO CHAMAR. A TERRORISTA FOI TÚA NAI, CANDO CHE TUVO A TI PONNOS DE BEBER QUE É CARNAVAL OU P'O ANO POÑEREMOSCHE A PINGAR E C...

As letras das Rumorosas (2009)

Tas coma un toro, e a ti non che fai falta moito, á lus das velas, fixemos de todo. O camasutra, quedouse corto, e nÓs fixemos, o sejundo tomo. Sempre no inverno, hai algún apajón, non nos dou tempo e ca presa púdonos o calentón. Pero este ano con tanto temporal Sólo esperemos que deixe pasar uns bos días de carnaval. Aquí na Arousiña, van a naser, moitos miniños no mismo mes, ¿cantas preñadas vamos a ver? ¿máis de 5.000 chejaremos a ser? Hai que ir a Joday pa que corte a lus unha ves por semana, porque así todo o mundo terá boa cara. (BIS) E nós xa vamos acabando, orjullosas do resultado, sempre as RUMOROSAS, sejiremos sendo presiosas, por moito que pasen os anos, coas nosas letrillas morbosas, sempre as RUMOROSAS, despedíndonos ata o ano... (BIS) Entroido 2009 Letra composta pola comparsa As Rumorosas

As letras da Comparsita (2009)

EL Polvorete XA ESTAMOS NOS CARNAVALES UN NOVO ANO. CON NOVA XENTE COMPARSITA ERAMOS POUCOS. ESTE ANO INVADIRON VILANOVENSES QUEN NOS IBA A DICIR FAI ANOS QUE CANTARÍAMOS, TODOS UNIDOS "CARCAMÁNS"-"CALIVERAS", XUNTOS NOS CARNAVALES, ¡VAMOS JODIDOS!!!!!! AQUÍ ESTAMOS XUNTOS PARA BAILAR, AQUÍ ESTAMOS XUNTOS PARA CANTAR AQUÍ ESTAMOS XUNTOS PA CRITICAR O QUE NOS PASA QUEREMOS REÍR E PASALO BEN QUEREMOS FALAR E ESCOITAR TAMÉN QUEREMOS DICIR O QUE ESTÁ MOI BEN ¡¡QUE NON É NADA!!

As letras dos Carenas (2009)

XA CHEGOU O GRAN DÍA QUE VIVA O CARNAVAL CON MOITA DIFERENCIA O MELLOR FESTIVAL PERO PA SER SINCEROS SE QUERES DISFRUTAR HAI QUE IR Ó MULTIUSOS HAISE QUE JUBILAR [cambio] ÁS BARRAS AMERICANAS A CRISIS TAMÉN CHEGOU PODERÁS BOTAR TRES POLVOS E CÓBRANCHE SOLO DOUS E SE PAGAS COA TARXETA MÁIS BARATO PODE SER POIS O GOBERNO NON QUERE QUE DEIXEMOS DE JODER (estrib...) XA TEMOS PUNTO LIMPO DONDE DE TODO PODES LEVAR ÁS SOGRAS NON AS QUEREN DIN QUE NON SIRVEN PA RECICLAR SI A METES NUN ARMARIO E DISIMULAS PODE COLAR PERO ANDA CON COIDADO PORQUE NA ENTRADA TES QUE FIRMAR [sos] NO CONCELLO ESTÁN CABREADOS CREMOS QUE CON RAZÓN NA ILLA NON HAI MANEIRA DE QUE SUBA A POBOACIÓN OS MOZOS COA CHINGADERA TOMAN MOITAS PRECAUCIÓNS [rápido] QUE OSTIA É O QUE PASA NESTE AXUNTAMENTO QUE A XENTE NON CASA NIN POLO CIVIL E NON HAI MANEIRA DE SER DE PRIMEIRA POIS PA ESO TEMOS QUE SER CINCO MIL [RP.] O MUNDO ESTÁ FERIDO E VAISE CABREAR ALTERÁMOSLLE O CLIMA E VÁMOLO A M...

A queima do liborio

Imaxe
O liborio deste ano estivo caracterizado de Hugo Chávez A queima do Entroido, no Naval O liborio deste ano, caracterizado de Hugo Chávez, percorreu na noite do martes as rúas da illa, antes de arder no Naval. Un grupo de viúvas escoltaron ao axusticiado durante todo o percorrido e choraron desconsoladas a terrible perda. Trala queima, houbo reparto de pan de millo.

Orellas

Imaxe
Orellas caseiras Fariña, ovos, azucre, manteiga de vaca, unhas pingas de anís e raspadura de tona de limón. Estes son os ingredientes das orellas, un dos doces tradicionais do Entroido máis gorentosos, sen desmerecer ás rosquillas.

Cea de comadres

Imaxe
O Tamanaco acolleu o pasado venres, por terceiro ano consecutivo, a cea de Comadres, un ritual do Entroido só apto para mulleres, no que participaron 150 arousás. A festa rematou con barra libre e baile.

Carnaval electoral

Imaxe
O vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, nunha batea da illa, o 18 de febreiro Catorce candidaturas concorren ás eleccións autonómicas do 1 de marzo pola provincia de Pontevedra. En plena celebración do Entroido, os partidos manteñen unha intensa axenda de mitins e actos propagandísticos para convencer aos electores. Pola illa, de momento xa pasaron representantes de Esquerda Unida, do BNG (o propio Anxo Quintana deu un paseo en barco e deixouse fotografar nunha batea) e do PSdeG, este último representado pola Ministra de Medio Ambiente, Elena Espinosa. Ademais, o pasado sábado 21 celebrouse un nova concentración de protesta diante dos pisos do Furado, coñecidos como “vila PSOE”, convocada pola asociación Cafines.