Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta entroido

Etnografía do liborio

Imaxe
                                           Liborios no Entroido da Illa de Arousa   [Helena Domínguez] Un dos trazos característicos do Entroido da Arousa e único no seu contorno é a existencia dos liborios. A propia orixe da palabra é, a día de hoxe, unha incógnita. O termo liborio non vén recollido nin no dicionario de galego, nin no de castelán, nin no de portugués. Si que aparece documentado como nome de persoa -na Arousa non se usa, claro, pois sería como poñerlle a un fillo algo así como “espantallo”- sen que o seu significado, “nacido en Líbora”, achegue pistas sobre a orixe dos liborios do carnaval arousán. Así as cousas, e até que alguén argumente o contrario, “liborio” é unha palabra nosa, dos arousáns da illa, para definir á xente que no Entroido se camufla baixo unha c...

Illa de Arousa, que dormes na Lama

Imaxe
     Despois de 45 anos,  o cantar "Illa de Arousa, que dormes na Lama" segue formando parte do cancioneiro popular dos veciños e veciñas da Arousa; todo un mérito, se temos en conta que a canción naceu  para ser interpretada durante o Entroido pola comparsa O Cano . O seu éxito foi tal que a xente aprendeuna e incorporouna ao repertorio das tabernas. O máis interesante do seu contido é a crítica á xestión institucional da pesca e do marisqueo e a denuncia do estado de abandono no que se atopaba daquela a Arousa -e ao que se refire o título-, en canto a infraestruturas e servizos básicos. A letra ten tamén un tinte machista que hoxe non pasaría o filtro, e que era na súa época un selo identificativo das cancións do Cano , unha comparsa composta exclusivamente por homes. Polo demais, é un pracer escoitar esta canción, tan ben interpretada por Carmen "da Chabola".

Disputado empate entre As Rumorosas e os M.D.A.

Imaxe
[Redacción] A batalla por gañar a enquisa sobre a mellores letras do Entroido 2011 librouse entre dúas comparsas que gustan de rivalizar, os M.D.A., formada integramente por homes, e As Rumorosas, composta exclusivamente por mulleres. Durante a semana de votacións, o resultado mantívose case a diario nun axustado empate, compensándose inmediatamente os votos de máis que recibía unha ou outra comparsa. Así as cousas, quedaron igualados. Tal e como falaron os comentaristas, os M.D.A. crearon unhas letras máis críticas, en consoancia coa tradición das comparsas carcamanas. Pero As Rumorosas presentaron unhas letras mellor compostas e rimadas.

O desfile de carros culmina un Entroido marcado pola crise

Imaxe
[Susi Rial] O desfile de carros celebrado o pasado sábado marcou o punto final do Entroido, logo da suspensión do acto a fin de semana anterior. Tanques, gnomos, castelos e fantasías de Entroido, entre outros, paseáronse polas rúas enchendo de música e colorido o inesperado epílogo destas festas. O Entroido é unha das citas máis agardadas na Illa durante todo o ano, polo que xa durante a semana anterior ó seu comezo, eran moitos os que ían quentando motores. O luns de carnaval máis famoso, que non é outro que o da Illa, non defraudou. Autobuses e taxis estiveron en actividade frenética durante toda a noite, dando lugar a unha nova marca de asistencia no día grande da Illa. O mércores de cinza, as mulleres das Rubas volveron organizar o enterro do liborio. E este ano, o “afortunado” para ser botado á fogueira foi Berlusconi. Desta vez, non se repartiu pan de millo, tal e como viña sendo tradición. E é que a crise chéganos a todos. O Entroido 2011 foi inusualmente máis longo e pode qu...

Todas as letras das comparsas

Imaxe
As letras dos M.D.A. ............................................................................................................................. As letras das Rumorosas ............................................................................................................................. As letras da comparsa Armonía

Persil, as pioneiras das comparsas femininas

Imaxe
A comparsa de arousás Persil, de visita no Grove, a finais dos anos 60 [María García] Foi a finais dos anos 60 cando se formou a que cremos que foi a primeira comparsa carnavaleira da Illa formada integramente por mulleres. Un grupo de mozas tomou a idea dun anuncio da televisión no que se ofertaba un deterxente para lavar a roupa, no cal se podía ver  un grupo de majorets resaltando a brancura de “Persil”. As mozas trasladaron o anuncio ás rúas da Illa, de Cambados, do Grove e de todas as vilas veciñas que visitaron, enarborando unha pancarta co lema ”La Isla de Arosa se une al desfile del blanco”. Con letra do señor Juan de Albertina, a comparsa Persil alegrou o Entroido e causou gran expectación, porque o traxe era orixinal, as mozas bonitas e, porque non dicilo, as saias subían do xeonllo, cousa que neses anos non se podía ver a calquera hora.

O repertorio inédito dos M.D.A.

Aínda que a moda do "politicamente correcto" tamén vai calando pouco a pouco nas letriñas do Entroido, as comparsas arousás teñen por tradición a crítica, de xeito explícito ou encuberto, á veciñanza. A gracia que demostren nesta arte determina o seu éxito entre o público. No repertorio 2010 dos M.D.A. hai dúas cancións que provocaron moitas risas e comentarios, e que non constan nas historias impresas. Agora xa podemos escoitar unha delas no Youtube.

A crítica da Comparsita

Imaxe
A Comparsita denuncia nas súas letras a súa exclusión do festival de comparsas Coas letras da Comparsita, rematamos de publicar todas as historias que se cantaron no Entroido deste ano. En total, foron catro as comparsas que saíron á rúa: As Rumorosas, M.D.A., Armonía e a Comparsita. Esta última non puido participar no festival de comparsas organizado polo Concello o domingo (e dotado cun premio de 300 euros para cada grupo participante) por non reunir o número de compoñentes mínimo que establecía as bases municipais. A exclusión da Comparsita converteuse nunha das principais críticas das súas letras.

As 'carrozas'

Imaxe
Desfile de carrozas, o pasado sábado 20 de febreiro O equipo de rodaxe, e os animais, de "El hombre y la Tierra" A marcha partiu das Laxes e rematou no Campo O desfile de carrozas celebrado o pasado sábado rexistrou unha alta participación popular. Á tropa carnavalesca non lle faltou de nada, houbo música, instalacións construidas para a ocasión, disfraces orixinais e público de todas as idades. Tamén o luns, o día grande do Entroido local, houbo un bo ambiente, aínda que se notou unha menor asistencia de visitantes foráneos; non sendo o mal tempo unha novidade, debeu de ser a causa da crise.

As letras da comparsa Armonía

Imaxe

As famosas letras dos M.D.A.

Imaxe
Os M.D.A. disfrazáronse de presos de Guantánamo Semella que a crítica popular é unánime á hora de considerar as letras dos M.D.A. como as mellores deste Entroido. Aquí as teñen.

A temática 2009 das comparsas

Imaxe
Integrantes da comparsa As Rumorosas O desexo de chegar aos 5.000 habitantes , para que o Concello da Illa ascenda de categoría –e polo tanto teña acceso a máis servizos– o conflicto do mexillón e a construción da estrada do Chufre –con todas as súas consecuencias– son os temas de actualidade local máis tratados polas comparsas do Entroido 2009. As letras satíricas deste ano reflicten, ademais, outros asuntos próximos como a creación do punto limpo, as dificultades administrativas para traballar no marisqueo, os apagóns deste inverno ou os roubos nos bares. É de destacar a ausencia de críticas a “Vila PSOE” nas letras populares, a pesares da polémica que levantou, sobre todo na rede. Aquí teñen unha escolma do repertorio das comparsas: - As Rumorosas - Os M.D.A. - Os Carenas - A Comparsita Por certo, sábado desfile de carrozas, e o domingo, exhibición das comparsas. Aínda lles quedará voz?

As letras dos M.D.A. (2009)

Annus horribilis   QUEN? SON OS CULPABLES QUEN? PUTOS MISERABLES QUEN? DO ANO QUE PASOU QUEEEEEEN? XA ESTAMOS AQUÍ COMO EN OUTRAS OCASIÓNS AGORA OS M.D.A. ENTRAMOS EN ACCIÓN. VAMOS A EMPESAR CON ESE GRAN FOLLÓN QUE HUBO QUE ARMAR, POLO DO MEXILLÓN E MIRA PA AHÍ COMO HAI QUE ANDAR POR CULPA DESE MONO DE VILAXOÁN E DOS MANGANTES QUE VAN DETRÁS E AÍNDA OS TEMOS AQUÍ! SE CHE FAI FALTA UN BONITO ORDENADOR ALÍ NO CARREFOUR ATOPAS DO MELLOR. UN CAN CA RABIA, A CARA FOILLE MORDER A JOSÉ ANÍBAL, E SIN TER POR QUÉ. E SI VAN ROUBAR AO TEU BAR A UN ALBORIO DO NAVAL VAI RECLAMAR SE A MÁQUINA TES QUE CAMBIAR, PRÉNDELLE LUME TI. E AS POBRES DORNAS A QUEN LLE FIXERON MAL PA QUE COA MACHADA, AS JODA UN SUBNORMAL. DA CARRETERA A OBRA XA SE INAUJUROU, A PRIMEIRA PEDRA, RESULTA QUE VOOU. DESPOIS VÉN O PORCO DE DURÁN TERRORISTAS VENNOS O TIPO CHAMAR. A TERRORISTA FOI TÚA NAI, CANDO CHE TUVO A TI PONNOS DE BEBER QUE É CARNAVAL OU P'O ANO POÑEREMOSCHE A PINGAR E C...

As letras das Rumorosas (2009)

Tas coma un toro, e a ti non che fai falta moito, á lus das velas, fixemos de todo. O camasutra, quedouse corto, e nÓs fixemos, o sejundo tomo. Sempre no inverno, hai algún apajón, non nos dou tempo e ca presa púdonos o calentón. Pero este ano con tanto temporal Sólo esperemos que deixe pasar uns bos días de carnaval. Aquí na Arousiña, van a naser, moitos miniños no mismo mes, ¿cantas preñadas vamos a ver? ¿máis de 5.000 chejaremos a ser? Hai que ir a Joday pa que corte a lus unha ves por semana, porque así todo o mundo terá boa cara. (BIS) E nós xa vamos acabando, orjullosas do resultado, sempre as RUMOROSAS, sejiremos sendo presiosas, por moito que pasen os anos, coas nosas letrillas morbosas, sempre as RUMOROSAS, despedíndonos ata o ano... (BIS) Entroido 2009 Letra composta pola comparsa As Rumorosas

As letras dos Carenas (2009)

XA CHEGOU O GRAN DÍA QUE VIVA O CARNAVAL CON MOITA DIFERENCIA O MELLOR FESTIVAL PERO PA SER SINCEROS SE QUERES DISFRUTAR HAI QUE IR Ó MULTIUSOS HAISE QUE JUBILAR [cambio] ÁS BARRAS AMERICANAS A CRISIS TAMÉN CHEGOU PODERÁS BOTAR TRES POLVOS E CÓBRANCHE SOLO DOUS E SE PAGAS COA TARXETA MÁIS BARATO PODE SER POIS O GOBERNO NON QUERE QUE DEIXEMOS DE JODER (estrib...) XA TEMOS PUNTO LIMPO DONDE DE TODO PODES LEVAR ÁS SOGRAS NON AS QUEREN DIN QUE NON SIRVEN PA RECICLAR SI A METES NUN ARMARIO E DISIMULAS PODE COLAR PERO ANDA CON COIDADO PORQUE NA ENTRADA TES QUE FIRMAR [sos] NO CONCELLO ESTÁN CABREADOS CREMOS QUE CON RAZÓN NA ILLA NON HAI MANEIRA DE QUE SUBA A POBOACIÓN OS MOZOS COA CHINGADERA TOMAN MOITAS PRECAUCIÓNS [rápido] QUE OSTIA É O QUE PASA NESTE AXUNTAMENTO QUE A XENTE NON CASA NIN POLO CIVIL E NON HAI MANEIRA DE SER DE PRIMEIRA POIS PA ESO TEMOS QUE SER CINCO MIL [RP.] O MUNDO ESTÁ FERIDO E VAISE CABREAR ALTERÁMOSLLE O CLIMA E VÁMOLO A M...

As letras das Rumorosas: Non somos continente, avisádelle ben á xente

Había unha vez unha illa No medio dunha jran ría Que xente máis peculiar .... BIS Nós somos-los carcamáns... BIS E VENTE Á ILLA.. A DISFRUTAR, CO CARNAVAL PODEDES FLIPAR AQUÍ AS FESTAS, PODEN DURAR DESDE O PATRÓN HASTA A NAVIDAD Pa qué calendario oficial Nós temos un insular Colocámo-los festivos - BIS Todos xuntiños no vran – BIS AÍNDA QUE CHOVA A ESMADRASAR A PANORAMA NO PODE PARAR E O REJEIRO A REBOSAR TOTAL MAÑAN É O DÍA DO CAN.. Que vistas nas nosas praias Tiradas nós na toalla Porque as rapasas da Arousa - BIS Somos todas ben xeitosas – BIS QUE PARAÍSO MÁIS NATURAL QUE HASTA ÓS CONS TEMOS QUE BAUTIZAR MIRA O SANTO E CARREIRÓN SON ESCENARIOS DE PELICULÓN. As diresións prohibidas Sólo son orientativas Aparca diante da casa –BIS Xa pitarán sin non pasan – BIS….. AHÍ O VEN O MUNICIPAL SEMPRE ME ENJANCHA CÓ MÓVIL NA MAN ¿QUÉ É O QUE FIXEN? ¿QUE FIXEN MAL? SOLO IBA A 80 POLA GENERAL. Pa qué a sircunvalasión Si temos 1000 callejóns Po...

As letras das Rumorosas: Despejando!

(Música: "Ese toro enamorado de la luna") Aquí estamos outra ves as rumorosas Xa voltamos  outro ano pa contar Líos, cornos e aljún que ourto divorsio Abrochade o cinturón pa despejar.... Que non se nos mova nadie do seu sitio, Que aquí todos temos moito que rascar Preparade unhas boas mascarillas Que esto pronto vai a empesar a cheirar... Agora que está moi de moda o toro bravo E nos entra en gran hermano un transexual Donde andan eses homes pelo en pecho Nós queremos un bo macho semental. (Música: "Volare...") Mirade... que pasou! A monarquía, se modernisou Elena, ó home deixou E xa bastante ajuantou E chupando do bote o medio maricón Nos sobacos leva o pantalón Que carallo lle veu, ou que droja tomou Non lle vemos outra explicasión...!! O Juancar... que collóns!!! Con Chaves se nos picou Menudo follón se montou Zapatero, flipado quedou E agora aínda esixe desculpas por parte do jefe da nosa nasión E amenasa có sierre de empresas, ...

As letras dos MDA: Arousa is not Spain

Sí somos nós, os dos juevos cheos de amor, Xa estamos aquí, có Carnaval. Vamos poñer, a todos a feder, Moito no estilo dos M.D.A. Hubo eleccións, e cacho decepción, O champán reseso pá oposición. Ganou o soe, así calquera, non te jode, Entre dvd´s e beiras do mar…. Beira do mar, beira do mar Onde están?.... A nosa Arousiña non está mal…. Pero queda moito que rascar…. Hubo follóns, no axuntamento, Xente enserrada e moita tensión….. Pero ben que saliron pa votar…. Que a carretera na foron cortar. E o muelle qué? Cando se vai faser? Esto de momento non pinta ben, E a nova estrada, quen é o que a ten parada? Moi pouca verjonsa ten que ter…. Fai moita falta, fai moita falta, Veña xa….. uoh! A nosa Arousiña non está mal…. Pero sin eso no pode medrar….. O patrón maior, que é arqueólogo, Atopou tres huesos en riasón, E o mexillón ahora rejálano, Catro fantasmas jodérono todo. O trillo foi, alá á televisión, Deixou ben alto o listón. E menos mal, que xa no...

As letriñas do Cano, historia popular

Imaxe
Comparsa o Cano   [Helena Domínguez] A comparsa máis antiga da Arousa,  polo menos, ata onde nos chega a memoria, é "O Cano",  formada exclusivamente por homes. Saiu por primeira vez no Entroido de 1947 e gozou dunha gran aceptación durante décadas, non só na illa. Un dos principais factores do seu éxito foron as súas letriñas,  que facían referencia ás preocupacións sociais, costumes e modas dos arousáns, nun tempo no que ningún medio de comunicación falaba da Arousa.