Publicacións

Mostrando publicacións desta data: maio 9, 2010

Así está a nova estrada

Imaxe
A estrada está a piques de chegar ás casas do Cabodeiro pendentes de derrubamento Unha pequena ponte salva o humedal da Braña da Veiga Pouco a pouco, a nova estrada de acceso ao Chufre vai tomando forma. Xa está asfaltado o tramo que vai do Bao a Riasón e tamén parte do vial que discorre polo Aguiuncho. Nesta zona, xa foron derrubadadas varias vivendas. Pronto lles tocará ás casas do Cabodeiro que tanta guerra deron.

Neuroband no youtube

A través do Youtube xa podemos ir coñecendo os últimos temas de Neuroband , de momento, hai tres vídeos pendurados .

A reunión dos bateeiros

Imaxe
Os bateeiros arousáns, durante o encontro coa directiva do Consello Aproximadamente unhas 200 persoas reuníronse o pasado 8 de maio no auditorio municipal para escoitar as explicacións do Consello Regulador da Denominación de Orixe Mexillón de Galicia, ante a polémica suscitada pola filtración dunha auditoría que declaraba a entidade en "creba técnica" e acusábaa de irregularidades nas contas. O presidente do Consello, Francisco Alcalde, defendeu a xestión e a transparencia da institución, e destacou o dano que lle está a causar todo este proceso ao sector mexilloeiro. Os bateeiros arousáns apoiaron á directiva do Consello e acordaron pedir a demisión de Maneiro, director xeral de Competitividade e Innovación Tecnolóxica, a quen sinalan como promotor dunha auditoría "calumniosa" e tamén como responsable da súa divulgación malintencionada.