Publicacións

Mostrando publicacións desta data: febreiro 21, 2010

A crítica da Comparsita

Imaxe
A Comparsita denuncia nas súas letras a súa exclusión do festival de comparsas Coas letras da Comparsita, rematamos de publicar todas as historias que se cantaron no Entroido deste ano. En total, foron catro as comparsas que saíron á rúa: As Rumorosas, M.D.A., Armonía e a Comparsita. Esta última non puido participar no festival de comparsas organizado polo Concello o domingo (e dotado cun premio de 300 euros para cada grupo participante) por non reunir o número de compoñentes mínimo que establecía as bases municipais. A exclusión da Comparsita converteuse nunha das principais críticas das súas letras.

As 'carrozas'

Imaxe
Desfile de carrozas, o pasado sábado 20 de febreiro O equipo de rodaxe, e os animais, de "El hombre y la Tierra" A marcha partiu das Laxes e rematou no Campo O desfile de carrozas celebrado o pasado sábado rexistrou unha alta participación popular. Á tropa carnavalesca non lle faltou de nada, houbo música, instalacións construidas para a ocasión, disfraces orixinais e público de todas as idades. Tamén o luns, o día grande do Entroido local, houbo un bo ambiente, aínda que se notou unha menor asistencia de visitantes foráneos; non sendo o mal tempo unha novidade, debeu de ser a causa da crise.

A foto do desfile ao dereito

Imaxe
Pois si, agora ten sentido...

O día que nos visitou a OJE

Imaxe
A chegada da motora cos membros da OJE A Arousa celebraba por entón a primeira festa do mexillón Concentración en Testos Coincidindo coa celebración do Ano Santo de 1982, a Organización Juvenil Española (OJE), unha especie de "boy scouts" vinculados ao movemento franquista, desembarcou na Arousa para celebrar o seu encontro anual en terras insulares. A visita quedou inmortalizada nunha serie de imaxes , que agora poden consultar na rede.

No Grande Azul

Imaxe
O patrón do barco Nuevo Ino, posando ante a exposición Outra das fotografías da mostra "No Grande Azul" Ata o 14 de marzo pódese visitar no Museo do Mar de Vigo a exposición "No Grande azul", do fotógrafo José Romay , gañador da Bolsa de Creación Fotográfica O Mar, convocada polo propio museo. A mostra documental, en branco e negro, recolle as experiencias de mariñeiros galegos dedicados a diversas artes: arrastreiros, percebeiros, bateeiros... Para facela, Romay tivo que coñecer de primeira man diferentes mares, entre eles, o Gran Sol ou a Costa da Morte. Tamén retratou o traballo cotián dos mexilloeiros da Illa de Arousa, para o que contou coa colaboración do patrón do Nuevo Ino, Juan Domínguez García, e do seu irmán Victorio, que aparece na exposición camiñando sobre a batea.

As letras da comparsa Armonía

Imaxe