Publicacións

Mostrando publicacións desta data: decembro 12, 2010

As novas consignas da bandeira azul

Imaxe
 Bandeira azul na Area da Secada [Susi Rial] A concesión dunha bandeira azul pretende premiar que se acadan certos criterios -legalidade, seguridade e accesibilidade, entre outros- nos areais, segundo a Asociación de educación ambiental e do consumidor (ADEAC), organismo encargado da concesión e a xestión das bandeiras.  Entre os criterios que se seguen, sempre tiveron unha especial prioridade o da "información e xestión ambiental", pero o certo é que, a nivel usuario, isto non se percibe desa maneira. Normalmente, adoitamos asociar a bandeira azul cunha praia á que os turistas acoden en masa, sen valorar a súa riqueza ecolóxica, máis aló da súa lonxitude e da súa area branca. Quizais por iso, a ADEAC decidiu incorporar novos criterios de valorización, máis acordes co desenvolvemento sustentable. Entre eses novos criterios, destacan a eliminación das duchas, por consideralas un gasto de auga innecesario, e por outra parte, a preservación das algas. Certamente, non deixa de...

A formación dos mariñeiros de baixura

Imaxe
Mariñeiros facendo cola na lonxa [Redacción] Os mariñeiros da Arousa levan anos atrapados nun bucle de cursos, que os obriga a volver ás aulas de tanto en tanto para seguir exercendo a súa profesión. O antigo título de “competencia mariñeira” foi substituído polo “carné de mariñeiro-pescador”, pero a maioría dos profesionais puideron convalidar a titulación e eludir así a repetición do curso. Non se libraron, con todo, doutras novas materias obrigatorias, como os cursos de “formación básica”, “operario de radio” ou “sanitario”, por exemplo. A formación continua dos traballadores é unha meta desexable e esixible, aínda que a moitos adultos lles custe prestar atención a un encerado que deixaron de ver a unha idade moi nova. O que non ten sentido é que os contidos da aprendizaxe estean desconectados da realidade, e que se traten temas como o abandono de buque e o comportamento en caso de incendio en barcos de gran tonelaxe, cando estamos ante unha flota de baixura que desenvolve o seu t...