Dous anos de fraseoloxía carcamana
[Redacción] O vindeiro 25 de maio cúmprense dous anos desde que iniciamos o proxecto “ Fraseoloxía carcamana ”, co obxectivo de compilar e explicar as expresións típicas da Arousa. A idea xurdiu logo da posta en marcha doutro proxecto anterior, o “ Dicionario de ausencias ”, no que se lle pedía aos lectores que escribiran aquelas palabras que usan habitualmente pero que non veñen recollidas nos dicionarios de galego. No longo fío de comentarios que xenerou o Dicionario, comezaron a aparecer propostas de expresións, polo que foi necesario crear un novo espazo para darlles cabida. Ao longo de todo este tempo, levamos recollidas unhas sesenta frases. Cal é a súa favorita? Saben dalgunha outra que non teñamos inventariada?