Veciños do Cabodeiro protestan polas expropiacións

Enfrontamento veciñal no Cabodeiro debido ás expropiacións (foto de Iñaki Abella publicada no Faro de Vigo) O alcalde frea a unha veciña afectada polas obras da estrada do Chufre (foto de Martina Miser publicada en La Voz de Galicia) O acto de colocación da primeira pedra da construción da nova estrada de acceso ao Chufre rematou cun enfrontamento entre militantes socialistas e veciños do Cabodeiro afectados polas expropiacións (unha das familias perderá a súa casa). A conselleira de Política Territorial, María José Caride, visitou onte a illa para presidir o inicio das obras, pero marchou antes do previsto debido ás protestas veciñais, nas que tamén se viu implicado o alcalde. Na web oficial da Consellaría poden consultar todos os detalles técnicos da estrada , que desviará o tráfico pesado do centro urbano. As queixas non se mencionan.