Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta natura

Tempo de abruíños

Imaxe
[Redacción] O abruíño é un froito silvestre propio deste tempo do ano, que adoita medrar á beira das leiras e camiños rurais. O seu sabor agre, que deixa na boca unha lixeira sensación de sequidade, é difícil de esquecer. En castelán, coñécese co nome de "endrina", e no galego estándar, como “abruño”. A palabra que usamos na Arousa para nomear esta clase de cirola, “abruíño”, forma parte do noso particular “ Dicionario de ausencias ”.

Declarado un pequeno incendio pola Area da Secada

Imaxe
[Susi Rial] Na tardiña do pasado domingo, ó redor das catro e media, foi declarado un incendio na zona do Faro, nas proximidades da praia da Area da Secada. Como podemos xulgar a raíz da imaxe, o fume visto dende o peirao do Chufre facía presaxiar un desastre considerable a nivel forestal nunha das paraxes naturais máis aprezadas da Illa. Por fortuna, a rápida chegada do helicóptero anti-incendios e a case total ausencia de vento evitaron que o lume se propagara, sendo o incendio controlado rapidamente. Cada ano, coa chegada das altas temperaturas, os incendios forestais constitúen unha enorme ameaza para o monte galego. Na memoria de todos perdura o desastre dos incendios de 2006, uns actos de terrorismo forestal sen precedentes, dos que tamén foron víctimas os montes da Illa, tal e como se relatou neste espazo no seu día. Daquela, a colaboración veciñal foi clave para evitar que o desastre tivera maiores dimensións.

Carballos de nova xeración

Imaxe
[Susi Rial] Nos últimos anos viñéronse producindo sucesivas repoboacións de árbores na Illa, ante a súa alarmante mingua e a cada vez maior aparición de claros en zonas coma O Monte. Unha das especies escollidas para esta repoboación foi o carballo ( Quercus robur ). Esta práctica vén sendo común en toda Galicia, posto que o carballo forma parte da paisaxe galega máis senlleira. A súa tala masiva dou lugar a unha progresiva desaparición das súas poboacións, sendo substituído por piñeiros ou eucaliptos. Os carballos que vemos na fotografía, que corresponde a un dos sendeiros do Monte, son moi novos, dunha cor verde case ácida e de ramaxe moi fina; nada a ver coas árbores robustas que coñecemos. Serán os nosos netos, entón, os que gocen dunha verdadeira paisaxe galega na Illa.

Os caprichos dos cons

Imaxe
Pedras na praia de Con Retellado [Susi Rial] Ben coñecida é a importancia dos cons na Illa de Arousa, onde máis que calquera edificio ou monumento, conta como maior símbolo o “con de tres pés”, por poñer só un exemplo. Os cons incluso serven de reclamo turístico, con iniciativas como a “ruta dos cons”. 

A lúa máis grande ilumina a Illa

Imaxe
[Susi Rial] O pasado sábado 19 de marzo, os arousáns puidemos gozar das fermosas vistas que nos proporcionou a lúa. Unha lúa cargada tanto de fermosura coma de misterio, xa que foron moitos os que relacionaron a presencia desta enorme lúa coa chegada de grandes catástrofes sísmicas, como a ocorrida no Xapón recentemente. Nada máis lonxe da realidade, posto que a súa existencia débese a que o momento de maior aproximación coa Terra coincidiu en lúa chea. O que si que dou lugar foi a unhas grandes mareas vivas, que proporcionaron a seca máis grande en 18 anos e que foi moi ben aproveitada polos mariscadores.

O aceite da Illa

Imaxe
[Susi Rial] Hai unhas semanas coñecíamos que a Illa é un dos concellos que máis aceite reciclou durante o último ano. E iso é posible grazas a este contedor, situado na Avenida da Ponte, que case pasa desapercibido entre os outros recipientes de orgánicos e plásticos. Botar aceite polo vertedeiro é un dos xestos máis nocivos para o mundo mariño. A meirande parte da poboación coñece moi ben isto, pero non todo o mundo pode ir expresamente ata a Avenida da Ponte a levar botellas con aceite usado. Tanto na Illa como no resto dos concellos, este tipo de recipientes escasean. E, en moitos deles, nin sequera dispoñen do primeiro.

As novas consignas da bandeira azul

Imaxe
 Bandeira azul na Area da Secada [Susi Rial] A concesión dunha bandeira azul pretende premiar que se acadan certos criterios -legalidade, seguridade e accesibilidade, entre outros- nos areais, segundo a Asociación de educación ambiental e do consumidor (ADEAC), organismo encargado da concesión e a xestión das bandeiras.  Entre os criterios que se seguen, sempre tiveron unha especial prioridade o da "información e xestión ambiental", pero o certo é que, a nivel usuario, isto non se percibe desa maneira. Normalmente, adoitamos asociar a bandeira azul cunha praia á que os turistas acoden en masa, sen valorar a súa riqueza ecolóxica, máis aló da súa lonxitude e da súa area branca. Quizais por iso, a ADEAC decidiu incorporar novos criterios de valorización, máis acordes co desenvolvemento sustentable. Entre eses novos criterios, destacan a eliminación das duchas, por consideralas un gasto de auga innecesario, e por outra parte, a preservación das algas. Certamente, non deixa de...

Garzas urbanas

Imaxe
[Susi Rial] Cada vez é máis habitual ver na beira do mar, nas praias preto das nosas casas, esta maxestosa ave. As garzas viven en bandadas nos cons preto de Carreirón. Pero vese que, de cando en vez, algunha se afasta do grupo, ou se extravía, e quizais animada pola presenza de outras aves como os patos, fica a vivir preto de nós. E iso é o estraño, porque, polo xeral, son animais esquivos que nin sequera gustan das miradas da xente pousadas nelas. Pero aí aparecen, dende o Chufre ata a Salga, cada vez dunha maneira máis frecuente. Adoitan estar dúas especies: a garzota común, máis pequena e de cor branco inmaculado; e a impresionante garza real, de cor agrisada e duns 90 centímetros de lonxitude. A cotío aparecen estáticas sobre un con ou nun peirao, ou cazando algunha presa que xantar, cando hai marea baixa. En calquera caso, semella que estas fermosas aves están descubrindo, ó igual que moita xente, o ben que se vive na Illa de Arousa.

Un compromiso con Carreirón

Imaxe
[Susi Rial] Carreirón é un dos maiores tesouros que posúe a Illa de Arousa. Pertence ó complexo intermareal Umia-O Grove e a súa paisaxe é tan fermosa como fráxil. E iso é debido, principalmente, á súa compoñente areosa, posto que, como di o biólogo Juan Poza, todo Carreirón vén sendo unha gran duna. A lista de normas e restricións a seguir son tantas, que se enchería de carteis a rotonda da entrada a Carreirón, ademais de que non contaría coas simpatías do público. Pero, dende aquí, consideramos que a información é básica, polo que imos achegar o noso pequeno gran de area, dando algunhas pautas de conduta que se deben levar a cabo durante unha visita a Carreirón.

Gaivotas

Imaxe
 O botín da gaivota A limpar o peixe, en compaña [Redacción] Algúns mariñeiros din delas “que lles das de comer e che cagan enriba”, unha frase que non deixa en moi bo lugar ás gaivotas. Pero gusten ou non, haille que recoñecer a súa habilidade para obter alimento, mesmo botando man de sofisticadas técnicas. As gaivotas son capaces de coller ameixas e mexillóns co peteiro, para logo deixalos caír desde o alto, co obxectivo de que as cunchas escachen contra o chan. Saben abrir ameixas, e tamén saben que a unha limpeza de peixe sucédelle un festival de maghas fáciles.

Canteiras improvisadas

Imaxe
Canteira na zona de Gradín Marcas de canteiría nun con da Grañeira Se as dunas forneceron de area as labores de construción dos habitantes da Arousa, a extracción de pedra tamén debeu ser unha práctica habitual noutros tempos. Moitos cons da Arousa presentan marcas de canteiría que así o indican.

As dunas da Arousa, en perigo

Imaxe
 Valado que protexe as dunas en Carreirón As dunas frean o avance do mar sobre a terra, así que a súa destrución, máis alá dos prexuízos ambientais, tamén ten efectos sobre a propia superficie territorial da Arousa, que pode ver diminuída aínda máis a súa reducida extensión de solo. A urbanización da beiramar, o tráfico rodado e a carretaxe da area son algunhas das ameazas que pesan sobre o sistema dunar da illa. Coa información facilitada polo biólogo Juan Poza, presentamos unha relación das dunas máis destacadas.

As dunas da Area da Secada

Imaxe
Dunas na Area da Secada [Susi Rial] Sempre estiveron aí. Para calquera que teña nacido ou vivido na Illa durante moitos anos, non lle parecerá estar vendo o extraordinario conxunto que en realidade é. As dunas da Area da Secada son dunha certa entidade, polo que non é doado ver algo semellante nos arredores. Dicir, como curiosidade, que incluso foron escenario dalgunha que outra serie de televisión. Na súa formación entraron en xogo varios factores: un espazo moi areoso e a confluencia de varias direccións de vento. Nun principio deberon de ser móbiles, até que foron fixadas pola vexetación que as  colonizou. O fenómeno dunar máis impresionante que atopamos nas Rías Baixas está en Corrubedo, coa súa gran duna móbil de máis de un quilómetro de lonxitude. Hai xa varios anos que tivo que ser pechada ó público, para protexela dunha morte prematura. Así pois, e tendo en conta as diferencias, aproveito esta oportunidade que me foi dada para pedir medidas de protección e preservación de...

Abellas de San Pedro

Imaxe
Unha repoluda abella de San Pedro, vista desde diferentes ángulos A abella de San Pedro, tal e como lle chamamos na Arousa, é un insecto voador, de movementos aparentemente torpes. Se un becho peludo coma este lles bate na cara, non se asusten, porque non fai mal ningún. Mais que abella é escarabello, así que non ten aguillón e, ademais, déixase atrapar con facilidade; mesmo semella que lle gustan as atencións. Segundo nos informan dende  Arquivos Entomolóxicos Galegos , trátase dun coleóptero melolóntido do xénero ano xia; concretamente, a nosa abella debe de pertencer  á especie anoxia villosa , que se diferencia doutro parente similiar, anoxia australis , porque este último presenta unhas raias lonxitudinais nos élitros.  En xeral, a moitos dos membros desta familia chámaselles vulgarmente escarabellos de San Xoán, por eclosionar máis ou menos nesta época do ano, nalgúns casos de forma masiva. Na Arousa é frecuente velos revoar polas hortas á noitiña.

Os patos rodean a illa

Imaxe
  Colonia de patos na praia de Semuíño [Susi Rial] Dende hai xa bastantes meses vense dando en certas praias da Illa de Arousa un curioso fenómeno, como é a gran proliferación de patos. Unha das praias más concorridas por estes animais é a praia de Semuíño. Nalgúns momentos chegáronse a contabilizar ata oitenta patos nunha praia de non máis de 25 metros de longo. Pero non todo foi mérito deles, posto que contaron coa gran axuda dos veciños da zona. Algúns collían os ovos e coidaban dos patiños ata que se facían grandes e se podían defender ben das gaivotas. Pero a natureza é sabia, e o resultado final non foi outro mais que a superpoboación. Os veciños tamén lles dan de comer regularmente, ata o punto de que, cando teñen fame, non dubidan en achegarse ás portas das casas pedindo comida co seu particular berro. Polo tanto, pódese dicir que son patos "semidomésticos". É tal a expectación que causan que, sobre todo coa chegada da calor, converteron a praia de Semuíño en des...

Lixo

Imaxe
Monte de cacharros tirados en Carreirón  Se hai unhas semanas describíamos en que consistía o sistema de captura de polbos mediante cacharros , o obxectivo da presente imaxe é chamar á atención sobre a gran cantidade de artefactos abandonados e tirados polas praias, e en especial, no parque de Carreirón.

Asoma a primavera en Carreirón

Imaxe
Un piñeiro cargado de polen, hai uns días Un niño de peludas

Ghato no poso

Imaxe
Nunha horta de Semuíño

A colonia de patos esténdese pola Arousa

Imaxe
Dende que hai dous anos falabamos aquí da colonia de patos da Arousa , a poboación de aves, protexida polos veciños e só asustada de cando en vez por algún can, non parou de medrar. Os patos xa forman parte da paisaxe habitual na liña costeira comprendida entre a punta de Testos e a de Gradín. As bandadas máis numerosas concéntranse en Semuíño e no Regueiro.

"Antes, todo era patacas e peixes"