Publicacións

Mostrando publicacións desta data: abril 6, 2008

Atención ao que chega: "Isla de Arosa Center"

Imaxe
Aínda non existe, pero en Internet xa está anunciado o primeiro centro comercial da Illa. O nome, " Isla de Arosa Center ", xa mete medo...

O azafato Trillo

Imaxe
Hai tempo xa tivemos ocasión de mencionar neste universo o paso do bailarín máis famoso da Arousa, o Trillo, polo programa de televisión "Mira quien baila". Non chegou a gañar, pero si conseguiu facerse un oco na pequena pantalla. Velaí o está, de azafato no programa da galega Son de Estrelas .

A evolución do comercio tradicional

Imaxe
A "rambla", un dos poucos comercios de alimentación independentes que quedan Todos os comercios tradicionais de alimentación que existían na illa desapareceron. Xa non queda ningunha tenda con mostrador, na que mercar en confianza os recados miúdos e de última hora. A última en pechar foi “a de Barral”, nas Laxes, e antes xubilaron “a de José de Elisa”, “a de Marujita”, “a do Sr. Viana”... Os únicos comercios de propiedade familiar que sobreviven son o Autoservicio Esperanza, coñecido popularmente como “a rambla” ou “a de José”, e mais El Súper, ambos os dous cun formato comercial de libre servizo que supuxo, no seu día, unha renovación do comercio local. No camiño tamén quedaron outros supermercados de plantexamento similar, como o Vivó (antes o “Economato”) ou o Spar. Non debe ser fácil resistir fronte ás grandes cadeas de distribución alimentaria establecidas na Illa, como o Froiz, o Día, o Claudio e o Touriño. Pero a estes tamén lles plantou cara, hai un par de anos, un ...

A axenda do Moucho, en liña

Imaxe
Un concerto no pub O Con do Moucho A programación de concertos do Con do Moucho pódese consultar na web de Club Cultura , a asociación galega de salas de música ao vivo. O próximo venres, actuación do grupo de blues Edu Manazas & Whiskey Tren.

As obras do Regueiro

Imaxe
Primeiro foi o empedrado das rúas Castelao e Sor Aurora, e agora tócalle ao "Regeiro", o centro neurálxico da Illa. Quen o verá, con adoquíns! E pensar que hai cincuenta anos aquí había mar...