Parece increible que na miña illa cheguen a construir xa un centro comercial. En fin, supoño que todo isto está a orde do día, en non nos queda outra que tragar. Aproveito para saludaros, son xa moitos anos dende que me fun da illa, a miña illa que levo sempre no meu corazón, da que sempre presumo. Estou ledo de encontrar este blog e poder informarme de todo o que acontece a casi 1000 km de donde estou. Un saludo para toda a illa e seguiremos falando.
Ramón, un saúdo para ti tamén, ven por aquí cando queiras. Ser da illa, máis que unha localización xeográfica, é un sentimento. Así que non importa onde un estea... para querela.
Nese centro comercial estaba proxectado outro bloque de edificios pero como non lle ven moito futuro a vender pisos a eses precios veñen con esto.Eu realmente prefiero, algo que poida dar emprego a longo prazo pero dubido de que a illa coa sua poblacion necesite este tipo de establecementos. Un saudo
Ummm pois faime ilusión un centro comercial aquí! Podían abrir tiendas de roupa para non ter que ir a Vilagarcía e ademais é traballo para a xente da Arousa! Pero non sei si terá moito éxito... a ver!
[Redacción. 11/05/09 ] Algunhas das palabras que usan a cotío as xentes da Arousa non aparecen recollidas na norma oficial do galego, pero iso non significa que debamos renunciar a elas. En ocasións, o termo remite a unha palabra primitiva en latín, ou aparece recoñecido pola lingua portuguesa, pero noutras, descoñecemos por completo a súa orixe. Para facer unha compilación de todas esas palabras e tratar de dilucidar o significado e a ortografía correcta, abrimos este espazo de intercambio de coñecemento. A intención é ir ampliando e completando a listaxe, coa colaboración de todos os internautas interesados no mundo do léxico carcamán. Poden deixar as súas achegas, críticas e ideas a través dos comentarios.
[Redacción] O BNG da Illa de Arousa, a través do seu alcaldable Carlos Otero, vén de comunicar nunha rolda de prensa celebrada esta mañá en Vilagarcía de Arousa que apoiará a investidura do candidato socialista Manuel Vázquez, "para evitar un goberno do PP no noso Concello". "Estamos convencidos de que a decisión adoptada é a mellor para o traballo diario do BNG e, por suposto, a mellor para a Illa", sinalou Otero, que estivo acompañado no acto de Xoan Allegue, responsable comarcal do BNG. Carlos Otero tamén aproveitou para agradecerlles aos arousáns "o enorme apoio recibido" e reiterou o seu "compromiso de traballar todos os días para devolverlles aos veciños esa confianza en conseguir servizos que redunden na mellora da súa calidade de vida". A partir de agora, ábrese un período de negociacións entre o grupo socialista e a formación nacionalista arousá, xa que, segundo explicou Otero, a decisión foi tomada pola asemblea local do Bloque, sen ...
Juan José González, candidato do Partido Popular á alcaldía [Redacción] Desde que a Illa se segregou de Vilanova e constituiu un Concello de seu, en 1997, o PP non conseguiu gobernar na Arousa. Actualmente conta con catro concelleiros na corporación municipal, onde desenvolve unha activa oposición ao seu máximo rival, o PSOE. O líder do grupo Popular, Juan José González, confía en que o desgaste do grupo de goberno socialista lle permita alcanzar en maio a alcaldía. Así nolo conta nesta entrevista, coa que continuamos a serie de conversas cos alcaldables iniciada a pasada semana.
O QUE NOS FALTABA!!!
ResponderEliminarParece increible que na miña illa cheguen a construir xa un centro comercial. En fin, supoño que todo isto está a orde do día, en non nos queda outra que tragar.
ResponderEliminarAproveito para saludaros, son xa moitos anos dende que me fun da illa, a miña illa que levo sempre no meu corazón, da que sempre presumo. Estou ledo de encontrar este blog e poder informarme de todo o que acontece a casi 1000 km de donde estou. Un saludo para toda a illa e seguiremos falando.
Ramón, un saúdo para ti tamén, ven por aquí cando queiras. Ser da illa, máis que unha localización xeográfica, é un sentimento. Así que non importa onde un estea... para querela.
ResponderEliminarNon o vexo mal. Tampouco parece nada exagerado. Ademais e mais oportunidad de empleo e posibilidad de montar un negocio.
ResponderEliminarO que si me fastidia e que parece ser que sempre son os mismos que poden facer algo aqui. Alguns nin podemos facer una casinha de 90m2.
Nese centro comercial estaba proxectado outro bloque de edificios pero como non lle ven moito futuro a vender pisos a eses precios veñen con esto.Eu realmente prefiero, algo que poida dar emprego a longo prazo pero dubido de que a illa coa sua poblacion necesite este tipo de establecementos. Un saudo
ResponderEliminarUmmm pois faime ilusión un centro comercial aquí! Podían abrir tiendas de roupa para non ter que ir a Vilagarcía e ademais é traballo para a xente da Arousa!
ResponderEliminarPero non sei si terá moito éxito... a ver!