Publicacións

Mostrando publicacións desta data: febreiro 3, 2008

M.D.A. versus As Rumorosas

A formación M.D.A., composta por homes, e As Rumorosas, formada exclusivamente por mulleres, constitúen a nova fornada de comparsas carcamanas, cunha media de idade que non chega aos trinta. Dáse a particularidade de que algúns mozos da primeira teñen a súa parella na segunda, e que ambas as dúas comparsas rivalizan amistosamente e que se autorreferencian nas súas letras. Os M.D.A., disfrazados de mulleres en traxe de aeróbic, tráennos este ano as letriñas máis frescas de todo o Entroido carcamán, na mellor das tradicións críticas e retranqueiras, cravando ben o aguillón onde toca (Noraboa!). Recomendámoslles que lean as historias que compuxeron e, en especial, o emocionante (para algunhas xeracións) exercicio de nostalxia da letra titulada “Brindo”. As Rumorosas, de azafatas con minifalada, poñen a nota “sexy” do Carnaval e tamén teñen moito que dicir. Letras M.D.A. Brindo pola nostalxia King Peter Arousa is not Spain Letras As Rumorosas Despejando! Non somos continente, avisádelle be...

As letras dos MDA: Arousa is not Spain

Sí somos nós, os dos juevos cheos de amor, Xa estamos aquí, có Carnaval. Vamos poñer, a todos a feder, Moito no estilo dos M.D.A. Hubo eleccións, e cacho decepción, O champán reseso pá oposición. Ganou o soe, así calquera, non te jode, Entre dvd´s e beiras do mar…. Beira do mar, beira do mar Onde están?.... A nosa Arousiña non está mal…. Pero queda moito que rascar…. Hubo follóns, no axuntamento, Xente enserrada e moita tensión….. Pero ben que saliron pa votar…. Que a carretera na foron cortar. E o muelle qué? Cando se vai faser? Esto de momento non pinta ben, E a nova estrada, quen é o que a ten parada? Moi pouca verjonsa ten que ter…. Fai moita falta, fai moita falta, Veña xa….. uoh! A nosa Arousiña non está mal…. Pero sin eso no pode medrar….. O patrón maior, que é arqueólogo, Atopou tres huesos en riasón, E o mexillón ahora rejálano, Catro fantasmas jodérono todo. O trillo foi, alá á televisión, Deixou ben alto o listón. E menos mal, que xa no...

As letras dos MDA: Brindo pola nostalxia

Brindo polos tempiños cando eramos miniños, Brindo polas masetas que rompiamos no camiño, Brindo pola motora que colliamos no Cantiño, Tamén polo Citröen que tiña o señor Camilo (BIS). Brindo por seguir sendo o mellor pueblo da ría, E porque non haxa puente como pasou aljún día, Brindo por cando A Illa era unha Arousa unida, E ahora cada un mira pola súa vida (BIS). Brindo por Santórum que emparchaba bicicletas, E por xogar ó fútbol alá, no campo das penas. Brindo por cando a Arousa tiña camiños de terra, E cando as Rumorosas aínda non tiñan a rejla (BIS). Desde algún bar da Arousa, brindo contijo…… Brindo por Seferino cando tiña as revistas E tamén polo Moucho, cando era Juanito Viñas. Brindo por compra-los trompos alá na de Marujita, Brindo polas chiquitas que poñían na capilla (BIS). Brindo por cando Emilio tiña aberto o Tropicana, E máis por todo o Kas que vendeu Joaquín Viana. Brindarei cando en testos xojen máis os meus veciños, Ahora todos son de fóra e ...

As letras dos MDA: King Peter

Sabes mellor que nadie que toleastes e que tar-Hugo Chavez alusinou, sabes que as túas fotos están que arden, aínda que máis queimados estamos nós, que non temos rasóns pa ter que pajarche, todo o ano que pasas de vacasións. E alá no outro mundo, en vez de rei e tanta corona, tires do raño ou da lejoña, pa manterme a min. Dille a quen che prejunte que curras moito, dille que é estresante pasear de gorrón. O único rei que hai pa min é Elvis, que polo menos dounos o rock and roll. E alá no outro mundo, en vez de alteza e realeza, sepas o que é ter unha hipoteca, e poder ser feliz. E alá no outro mundo que o bribón sea unha planeadora, na que traballes de sol a sol, como nós aquí. Marichas encarjouche un pouco de chocolate, cando fostes a Ceuta a armar follón, non lle pillastes nada e mosqueouse fixo as maletas e “hasta ló”, que non temos rasóns pa ter que pajarche, todos os caprichos dos teus Borbóns. Carnaval 2008 Letriña composta pola comparsa M.D.A....