Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta patrimonio

E á dereita, o continente

Imaxe
Os antigos sinais que orientaban os condutores sobre a ruta de saída da illa cunha frecha que sinalaba o “continente” foron no seu día obxecto de moita brincadeira, tanto entre as xentes locais coma as de fóra. A bifurcación, que distingue entre a Arousa e o resto da masa continental europea, ten a súa graza, ao deixar en terra de ninguén a pequena illa, unha condición que, por outra banda, casa moi ben co sentimento romántico da poboación insular de estar a vivir nun lugar á parte, no que rexen as leis ‘daquela maneira’. Durante anos foron estes os únicos sinais de indicación para abandonar ou entrar na illa, mais co paso do tempo engadíronse outros carteis máis modernos e precisos. O caso é que os antigos sinais continúan erguidos aínda que nun estado de abandono e deterioro. Preguntámonos se valería a pena restauralos e rescatalos para o noso patrimonio urbano, do mesmo xeito que algunhas cidades deciden conservar carteis, rótulos e outros grafismos singulares que adquiriron un es...

As ameazas do cemiterio dos Bufos

Imaxe
Os Bufos [Susi Rial] A realización do novo sendeiro peonil permitiranos gozar de fermosos recunchos da Illa, ata agora agochados, dende Punta Cabalo ata as Rubas. Pero hai meses, cando comezaron as obras do novo sendeiro, foron moitos veciños os que puxeron de manifesto a súa preocupación debido a que o cemiterio prehistórico dos Bufos , situado nas inmediacións de Punta Cabalo, puidera sufrir algún dano. Se ben non hai motivos, cando menos en principio, polos que sospeitar que os restos non van ser debidamente protexidos, si que este feito pon de relevo, novamente, o abandono ó que están sometidos os restos arqueolóxicos máis antigos e importantes da Illa de Arousa. O cemiterio dos Bufos é de orixe prehistórica, aínda que o alfabeto fenicio presente na cerámica atopada no xacemento, ó igual que moedas da época imperial romana, indican que seguiu tendo uso en épocas moi posteriores. A necrópole constata a existencia dun antigo poboado cunha forte vinculación ó mar. Hoxe en día, na zo...

A organización dos Encontros de Carril propón unha edición de 'resistencia'

Imaxe
 O cartel dos X Encontros Carril 2011 [Redacción] Do 30 de xuño ao 3 de xullo, vai ter lugar en Carril a décima edición dos Encontros de Embarcacións Tradicionais de Galicia , a cita bienal de referencia para os colectivos de navegación tradicional. A poucas semanas da celebración, o comité organizador vén de alertar da “grave situación económica” que atravesa, dadas as escasas achegas económicas das empresas patrocinadoras e das administracións. En concreto, a organización destacou a nula colaboración da Deputación de Pontevedra, cando nos Encontros anteriores de Ferrol (2007) e de Muros (2009), a deputación coruñesa destinou aos eventos 60.000 euros. Así as cousas, segundo a Federación Galega pola Cultura Marítima , esta será unha edición de “resistencia”, na que variarán algunhas cousas pero non o esencial: a xuntanza dos barcos e dos seus tripulantes. Certamente, as cifras de participación ata o momento son similares ás doutros anos, xa que está confirmada a asistencia de m...

A asociación Dorna xa ten presidente provisional

Imaxe
O Faber, novo presidente da xunta xestora de Dorna [Redacción] Avelino Cores, máis coñecido como Faber, asumiu recentemente a presidencia provisional da asociación cultural Dorna, namentres a xunta xestora traballa na busca dun equipo directivo que desexe tomar as rendas da entidade. Neste período de transición, Cores proponse mellorar a comunicación cos socios e rescatar as artes escénicas para a programación da entidade, pero, ademais, deberá facer fronte a outros compromisos inmediatos, como a organización da Festa do Mexillón, prevista para a primeira fin de semana de agosto. O Faber é un bo coñecedor de Dorna, colectivo no que está implicado desde que era un rapaz. Con once anos, pertenceu ao extinto club xuvenil Os Bufos e con dezaseis xa era membro da xunta directiva de Dorna, encabezada daquela por José Manuel Cousido, “O Petote”.

A asociación Dorna busca presidente

Imaxe
 Uxío Allo, nunha imaxe tomada de Dorna [Redacción] A asociación cultural e deportiva Dorna vén de iniciar un proceso para elixir nova directiva a través dunha xunta xestora, tras convocar eleccións e esgotarse o prazo de presentación de candidaturas sen que ninguén concorrese. O presidente saínte, Uxío Allo, considera que o colectivo conta coas persoas e cos medios necesarios para iniciar unha nova etapa, pero “ninguén quere o peso da presidencia”. “A proba é que se apuntaron voluntariamente dez persoas para formar parte da xestora”, explica. A constitución formal da xestora terá lugar o vindeiro mércores 6 de abril e a partir de entón, daranse os pasos necesarios para formar unha directiva nun período aproximado de tres meses. Allo ofreceu todo o seu apoio ao novo equipo e cualificou como “unha experiencia única e enriquecedora” a súa etapa de sete anos á fronte da entidade. Aínda que deixa a presidencia, Uxío Allo continuará vinculado activamente a Dorna, coa súa colaboració...

Gallego Jorreto rehabilitará a casa do Campaneiro para os xubilados

Imaxe
  Representantes dos xubilados, o alcalde e mais Gallego Jorreto, fronte á casa do Campaneiro [Redacción] O arquitecto Manuel Gallego Jorreto, autor do proxecto da Casa do Concello, do multiusos e da recuperación do peirao de pao e da fábrica de Goday, vai ser o encargado de dirixir a rehabilitación das casas do Campaneiro e de Dona Tomasa, as vivendas modernistas adquiridas recentemente polo Concello. Acompañado do alcalde, José Manuel Vázquez, Gallego Jorreto visitou a zona e quedou “gratamente sorprendido” coas casas, segundo informaron fontes municipais. Na visita tamén o acompañaron os representantes do club de xubilados, que verán satisfeita a súa vella demanda de contar cun espazo propio, xa que o Concello decidiu cederlles para o seu uso a Casa do Campaneiro. As obras serán financiadas polo Ministerio de Fomento.

Habemus fonte

Imaxe
A nova fonte de pedra do Charco, instalada esta mañá O barrio do Charco estrea fonte, logo de máis de tres anos de espera. A recuperación da fontenla é un logro veciñal, que pode servir de exemplo para outros rueiros preocupados polo seu patrimonio. Así seguimos os acontecementos desde na illa : - Quedamos sen fonte   (xaneiro 2008) - Os veciños defenden un símbolo do Charco (agosto 2008) - Activismo cidadán (xullo 2009) - E agora aparece un ramo (xullo 2009) - A fonte que si existiu (xullo 2009) - As fotos da illa dos carcamáns (maio 2010)

Muiñeira da Arousa

Imaxe
O grupo de Dorna, o Día das Letras Galegas O grupo de música tradicional da asociación Dorna pecha o curso este domingo, cun festival que terá lugar no auditorio municipal, as 20.30 horas. Entre o repertorio, destaca a Muiñeira da Arousa, musicada por Dorna e composta de varias coplas recollidas da tradición oral carcamana. Como verán, as letras son comúns a moitas cancións populares galegas, pero hai unha estrofa, a última, na que se recolle a especifidade arousá, cun enfrontamento de "barbas" entre San Xulián, o patrón carcamán, e San Amaro, o patrón dos caliveras. O mellor será, claro, que a vaian escoitar en directo. Muiñeira da Arousa O gaiteiro de Saiar foi tocar a Redondela deixou a gaita no Grove agora chora por ela E véndeme os bois e véndeme as vacas e non me vendas a cunca das papas [volta]

O motor do Comaira

Imaxe
O motor, tal e como estaba no barco cando foi cedido para a súa restauración no 2008 O  Barreiros Diesel do Comaira foi inscrito na Pobra en 1974 O resultado final, logo de tres semanas traballando nel O  galeón Comaira navegaba, na súa etapa de barco bateeiro, propulsado por un mítico motor Barreiros Diesel A90, que orixinalmente debeu pertencer a un camión, e  logo foi adaptado para o mar, segundo o convencemento da persoa que o acondicionou. Nas imaxes poden ver o "antes" e o "despois" da máquina  tras un proceso que requeriu un rascado profundo e aplicación de imprimación e  de pintura. Tamén houbo que arranxar o enfriador, que estaba atascado. O grupo de mozos arousáns que está a restaurar o  antigo Comaira prepara para este verán varias actividades para obter financiamento e continuar coa posta a punto do barco. Quedan pendentes a montaxe do motor e a instalación eléctrica, para a que se precisan arredor de 3.000 euros, así como a construción da p...

Despedida do Lagartiño

Imaxe
O vello camiño do Lagartiño Unha paisaxe que desaparece ben merece unha despedida, aínda que só fose un carreiro de terra á beira do mar, ou tal vez por iso.

Fachadas recubertas de cunchas de vieiras

Imaxe
Casa recuberta de cunchas de vieira, na Torre A maraña de cables afea a fachada O recubrimento de cunchas é unha técnica de arquitectura popular mariñeira que utiliza as valvas planas da vieira para protexer as paredes exteriores da humidade, normalmente, as fachadas que miran cara o Sur. Na Arousa quedan poucas casas que presenten esta peculiar técnica. Unha delas é esta que lles mostramos nas imaxes, situada no barrio da Torre. As vieiras están dipostas unhas sobre as outras, a modo de lousas, nos dous tercios superiores da fachada. Outra casa , máis coñecida, é a de Palmeira; neste caso está rexistrada como parte do patrimonio artístico da Illa, pero non polas cunchas de vieira, senón polas fermosas fiestras de inspiración modernista que posúe. Aínda hai unha terceira casa que presenta unha das fachadas recubertas de vieiras. Tamén está en Palmeira, e deixou de ser visible trala construción do auditorio.

As pías dos cons de Testos

Imaxe
C onxunto de cons con valor xeolóxico, en Testos Detalle dunha das cavidades cilíndricas que presenta o con Outra pía de orixe natural no mesmo conxunto [noticia rectificada] Na redacción orixinal desta información propoñiamos o conxunto de cons do piñeiral de Testos, situado preto do denominado Con da Abella, como unha posible mostra de pedras con valor arqueolóxico, baseándonos nas cavidades que presenta, similares á ara de Niño do Corvo rexistrada por Ilha de Orjais, e na súa proximidade a esta. O biólogo arousán Juan Poza acláranos que en realidade as cavidades que se observan nas imaxes son resultado dos efectos da meteorización e erosión química e diferencial do granito, que forma as coñecidas popularmente como pías (marmitas de gigante, en castelán). Segundo explica Poza, este tipo de ocos cilíndricos están considerados como formacións de interese xeolóxico, e nos cons da Arousa existen varios exemplos. Se cadra, no pasado as pías foron usadas polos antigos poboadores da Aro...

Arqueoloxía: o mapa da Arousa

Imaxe
Os puntos clave da arqueoloxía insular Existe unha tendencia a considerar que a Illa de Arousa non conta cun patrimonio arqueolóxico destacable. Mais esta afirmación semella froito do descoñecemento máis ca da realidade. Se nas vilas veciñas se atoparon conxuntos megalíticos, e mesmo está documentada a existencia de enterramentos funerarios da Idade de Bronce no illote Areoso, o sorprendente sería que na Arousa non houbese ningunha pegada dos antigos poboadores. Neste mapa localizamos seis lugares clave para achegarse á esquecida arqueoloxía da illa: -O cemiterio dos Bufos , un xacemento estudado, mais totalmente abandonado. -O conxunto das praias de Riasón e dos Tarais , quizais un dos restos máis interesantes, de magnitude aínda por descubrir. -A ara de Niño do Corvo: unha pedra cunha misteriosa cavidade, que podería remitir a antigos ritos pagáns. Xulguen as imaxes do post correspondente. -O conxunto das praias do Naso e da Cova : ao igual que en Riasón, no norte da illa o ...

Arqueoloxía: o esquecido conxunto de Riasón

Imaxe
Restos do que podería ser un antigo peirao Da area emerxen varias construcións rectangulares Detalle da cista máis completa Unha segunda cista E outra máis, aínda soterrada   [Helena Domínguez] O conxunto arqueolóxico dos Tarais-Riasón foi dado a coñecer aproximadamente hai cinco anos. A forte erosión do mar na zona deixou ao descuberto varias construcións de pedra, que chamaron á atención de Benigno Chaves, hoxe patrón maior da Arousa. Segundo publica Rías Baixas , Chaves alertou a uns arqueólogos, que fixeron unha primeira datación dos restos, situándoos entre a Idade de Bronce e a chegada dos romanos. Quen visite hoxe a zona, entre a praia de Riasón e dos Tarais, poderá ver dúas cistas que emerxen da area, e unha terceira semienterrada. Ademais, moi preto deste lugar, existen restos de muros, así como unha especie de rampa de pedras, que puido funcionar a xeito de peirao. É unha magoa que non existan estudos rigorosos sobre este interesante xacemento, totalmente des...

Arqueoloxía: a ara de Niño do Corvo

Imaxe
Pedra con posible valor arqueolóxico, entre Testos e Niño do Corvo A forma do con semella traballada A cavidade fai pensar que se trata dunha antiga ara O blog Ilha de Orjais dá conta da existencia dunha posible ara de ofrendas situada no Agro de Alonso, entre Testos e Niño do Corvo. De acordo coas consultas do autor, José Luís Dopico, a cavidade da pedra podería corresponder a un antigo altar de ritos pagáns. O con está sen catalogar e a piques estivo de ser destruído, debido á construción dun muro próximo. Ilha de Orjais mostra as imaxes do conxunto antes das obras da depuradora.

Arqueoloxía: o abandonado cemiterio dos Bufos

Imaxe
Estado actual do cemiterio dos Bufos Todos os veciños da Arousa saben da existencia da necrópole dos Bufos, dada a coñecer á comunidade científica nos anos 30 polo médico compostelán Varela Santos. Noutro tempo, os restos dos enterramentos eran visibles pero o lugar loce hoxe cuberto de toxos, sen que ningunha administración amosase interese por protexer e poñer en valor o xacemento.

A solución

Imaxe
Unha das posibles vistas desde o piorno, a liña de costa entre "Suas hortas" (onde está a casa branca) e a "Abilleira" O camiño de acceso ao piorno, visto desde os cons da praia Efectivamente, o piorno do gato está situado na Abilleira, á beira do mar, nunha zona non visible desde o camiño principal. En concreto, o lugar no que se atopa coñécese entre os veciños como "a punta" (da Abilleira pequena, contra Suas Hortas).

Ghato na mó

Imaxe
De acordo co blog Hórreos da Illa de Arousa , na illa temos máis de sesenta piornos. Moitos deles están en lugares pouco visibles e só son coñecidos polos veciños inmediatos. Este que ven ma imaxe, con gato ao soliño incluído, podería ser un exemplo. Onde está?

O xardín secreto

Imaxe
Vista do xardín, desde o piorno situado fronte ao edificio Goday O de Goday é un dos poucos xardíns públicos de interese que hai na Arousa A zona non é accesible para os veciños O xardín de Goday, que pertenceu no seu día á casa familiar do industrial conserveiro, é aínda un lugar descoñecido para a maioría da poboación local. O contorno foi recuperado e acondicionado no 2007 polo obradoiro de emprego Nordés pero permanece pechado dende entón, a pesar do seu carácter público.

E agora aparece un ramo

Imaxe
Os veciños do Charco están decididos a chamar á atención das autoridades para recuperar a fonte. A última acción, a colocación dun ramo de flores en recordo do patrimonio perdido.