O motor, tal e como estaba no barco cando foi cedido para a súa restauración no 2008
O Barreiros Diesel do Comaira foi inscrito na Pobra en 1974
O resultado final, logo de tres semanas traballando nel
O galeón Comaira navegaba, na súa etapa de barco bateeiro, propulsado por un mítico motor Barreiros Diesel A90, que orixinalmente debeu pertencer a un camión, e logo foi adaptado para o mar, segundo o convencemento da persoa que o acondicionou. Nas imaxes poden ver o "antes" e o "despois" da máquina tras un proceso que requeriu un rascado profundo e aplicación de imprimación e de pintura. Tamén houbo que arranxar o enfriador, que estaba atascado.
O grupo de mozos arousáns que está a restaurar o antigo Comaira prepara para este verán varias actividades para obter financiamento e continuar coa posta a punto do barco. Quedan pendentes a montaxe do motor e a instalación eléctrica, para a que se precisan arredor de 3.000 euros, así como a construción da ponte e a dotación da vela, necesarios para devolver a embarcación ao seu estado orixinal. A vela para un barco destas características, cunha eslora de 12 metros, pode acadar un prezo de 6.000 euros.

O barreiros en un gran motor, cunha longa historia na pesca e acuicultura galegas. Ainda que non se fabrica dende hai trinta anos, e un motor que seguen tendo alguns barcos con un gran resultado. Ademais o seu creador o industrial e enxeneiro Eduardo Barreiros e galego, da provincia de Ourense.
ResponderEliminarEsperemos que esta reparación sirva para que dure moitos anos no Comaria, que esta tendo un proceso de remodelación longo e no que esta traballando moita xente. Veremolo resultado pero animo, que seguro que quedara ben.
Perdoade pola correccion,pero komaira e con K e non con C, aprobeito a ocasion para felicitarvos polo blog e mandarbos un saudo!!
ResponderEliminarAínda agora acabo de ver a corrección. Ben, a fábrica que lle deu o nome ao galeón era a de "Comaira", non?
ResponderEliminarPero supoño que se os novos amos lle chamades "Komaira" ao barco, será ese o nome que debo utilizar... Tomo nota e a partir de agora xa o escribirei con K, grazas por avisar.