Buscar neste blog

18 de xuño de 2010

Muiñeira da Arousa

O grupo de Dorna, o Día das Letras Galegas

O grupo de música tradicional da asociación Dorna pecha o curso este domingo, cun festival que terá lugar no auditorio municipal, as 20.30 horas. Entre o repertorio, destaca a Muiñeira da Arousa, musicada por Dorna e composta de varias coplas recollidas da tradición oral carcamana. Como verán, as letras son comúns a moitas cancións populares galegas, pero hai unha estrofa, a última, na que se recolle a especifidade arousá, cun enfrontamento de "barbas" entre San Xulián, o patrón carcamán, e San Amaro, o patrón dos caliveras. O mellor será, claro, que a vaian escoitar en directo.

Muiñeira da Arousa
O gaiteiro de Saiar
foi tocar a Redondela
deixou a gaita no Grove
agora chora por ela

E véndeme os bois
e véndeme as vacas
e non me vendas
a cunca das papas [volta]

Túa nai e maila miña
van xuntas na romaría
a miña viña borracha
a túa xa non se tiña

[volta]

Un coxo e mais un manco
e mais un acorcovado
foron buscar un eivado
á casa dun derreado

[volta]

San Amaro non ten barbas
que llas comeu a morriña
San Xulián o pequeniño
deulle unhas vellas que tiña

[volta]

Ningún comentario:

Publicar un comentario

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A administración do blog eliminará os comentarios que estime conveniente.