Buscar neste blog

18 de xuño de 2010

Todos os nomes

A Consulta-O Cortixo

[Susi Rial] Adoita pasar na Illa que os donos non lles elixen os nomes ás cousas, senón que son os nomes os que os escollen. Ou, mellor dito, a xente. Aí está o caso do Cortixo. Quixo a casualidade que o seu local fose durante moitos anos a consulta do médico. E de aí, o bocadillo de pinchos sempre se foi buscar á Consulta e nunca máis ó Cortixo. Ou o caso do Saratoga. É un dos bares máis antigos da Illa e o seu polbo é moi apreciado entre os nosos visitantes. Pero os seus incondicionais sempre che proporán ir tomar unha chiquita ó Bar Suso. Mención especial merecen os bares atendidos por mulleres. Neses casos, os alcumes preferidos son os nomes de dúos musicais femininos, ó estilo de "As Ghrecas" ou "Asúcar Moreno". Por que ocorre isto? Quen sabe! Quizais é debido á nosa memoria colectiva, que nós mesmos asumimos como a maior das sabedorías. Por iso, cando a unha persoa de certa idade lle digas, "vou ata o Moucho", pode que che mire como se lle falaras en inglés. Mellor dille "vou á de Juanito Viñas". E o mesmo se vas ó Baka. Colle o atallo e dille "vou á do Capricho". E isto non ocorre só cos bares. Aí temos, por exemplo, o caso do Xufre; obviamos por completo o intento de "normativización" imposto e nunca puxemos en dúbida esa "ch". Por iso, cando alguén vén de fóra e pronuncia a forma que cre correcta, non podemos evitar miralo con certa dor, do mal que nos sona. Por non falar do Santo. Porque non é un santo. Trátase do Corazón de Xesús, é dicir, de Xesucristo. Polo tanto, deberíase chamar "O Cristo". Pero non. Nunca será O Cristo. O Santo é o Santo.

9 comentarios:

  1. Cara Susi Rial:
    é interessante o que diz no teu artigo e daria para muito. No caso do Xufre, o uso do ch tem a ver com a pronúncia, não com a codificação da palavra. É um erro pensar que uma palavra tem de ter uma única realização fonética. Se há despalatalização do X, como tenho ouvido em zonas de Riveira, hão dizer Sufre, e estará igual de bem. Lembro que na Arousa dizia-se chefe para XEFE. Se o termo vem de xofre, azufre em castelhano, acho que a escrita correcta seria com X. Por certo, não se usava o xofre para fazer a carena?
    No que respeita ao Santo é um fenómeno antropológico tipicamente galego. Há um refrão que diz: Deus é bom, mas o demo não é mau. Para um galego os santos são como deuses lares, como deusinhos de andar por casa. O cristo pantocrátor, está muito longe da mentalidade galega. É por isto que se lhe chama santo ao filho de Deus. Tão importante é esta domesticação da deidade que incluso a capela central da Sé compostelana está consagrada a San Salvador, é dizer, o Santo.

    ResponderEliminar
  2. José Luís, en primeiro lugar gustaríame agradecerche a forma en que ilustras algúns dos contidos do meu artigo. O artigo en sí non ten máis pretensión que a de reflectir determinados feitos idiosincráticos que acontecen nun lugar pequeno, como a Illa. Así pois, gracias de novo por estas aclaracións tan interesantes como inesperadas.

    ResponderEliminar
  3. Moi sutil a autora. Supoño que o cabezallo non é casualidade.

    De seguro que vai camiño de San Borondón. Boa viaxe.

    ResponderEliminar
  4. ¡Qué podo dicir! Por suposto que foi casualidade. Unha terrible casualidade. De feito, entreguinlle este artigo a "Na Illa" o xoves pola mañá. Cómo ía pensar, tal e como leín nalgún xornal, que unha persoa tan xoven, por moitos anos que teña, como José Saramago, non ía deixar.

    ResponderEliminar
  5. É coma axente,ten o nome de nacemento e logo rebautízase con outro en relacion a ela misma ou algo cercano, e casesempre con "cachondeo".

    ResponderEliminar
  6. “Se fue, pero se quedó. No quiero palabrear las emociones. Digo que en este mundo hay finales que son también comienzos, muertes que son nacimientos. Y de eso se trata. Siempre estuvo al lado de los perdedores. Nos hará falta, pero seguirá resonando desde sus libros. Como dije sobre Mario Benedetti hace un año: ‘Hay cosas que se dicen callando’.”

    Eduardo Galeano.

    ResponderEliminar
  7. Os Carcamáns fumos sempre asi, moi nosos. Que desides das abellas de San Pedro? Curioso animal, e somos nos os qe as chamamos asi.

    ResponderEliminar
  8. Non son abelliñas de San Xoán. Neste tempo debe estar petado o árbol da abilleira delas. Non sabía que só nós lle chamamos así.

    ResponderEliminar
  9. Sen embargo no diccionario aparecen abelliñas de San Miguel que son de septembro, pero as de san xoán son diferentes non pican e se as colles polo cú zumban moito e hai moitas por este tempo. Alguén sabe o nome científico das abelliñas de San xoán?

    ResponderEliminar

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A administración do blog eliminará os comentarios que estime conveniente.