O galego perde forza entre o alumnado do instituto

A posición hexemónica da que gozou o galego na Arousa está en claro retroceso, como amosa o Informe de usos lingüísticos elaborado polo Equipo de Dinamización Linguística do IES Illa de Arousa. O estudo presenta unha análise da realidade sociolingüística dos adolescentes arousáns, baseada nos resultados de 190 enquisas realizadas no instituto en novembro de 2020. Aquí van algúns datos: O galego é a lingua materna do 60% do alumnado. O alumnado relaciónase coas amizades maioritariamente en castelán. O galego obtén os peores resultados no eido das redes sociais, que acaparan o tempo de lecer dos adolescentes. O 61% só usa o castelán ou máis o castelán. Un 12% do alumnado declara que ten dificultades para expresarse en galego. Se hai vinte anos nas aulas da Illa de Arousa había algúns nenos e nenas que podían presentar dificultades para falar o castelán con fluidez pola falta de práctica, esta tendencia inverteuse na actualidade, de xeito que nos ato...