[Redacción] Como vén sendo habitual, a asociación cultural Dorna preparou unha serie de actividades para celebrar o Día das Letras Galegas. O colectivo inaugura o 17 de maio a tempada de navegación, polo que xuntará parte da súa flota de dornas no Chufre, a partir das 11 da mañá, se o vento Norte non o impide. Ademais, como todos os anos, a librería Castelao instalará un posto de libros, no que ofrecerá descontos do 10%. A xornada estará amenizada polos grupos de música e baile tradicional de Dorna.
Alí estarei, como non, pola nosa lingua o que sea!!!
ResponderEliminarSi señor! Pola nosa lingua!
ResponderEliminar