Publicacións

Mostrando publicacións desta data: febreiro 1, 2009

O auditorio aspira ao premio de arquitectura Mies Van der Rohe

Imaxe
O auditorio proxectado por Manuel Gallego, xunto coa Casa do Concello e o Museo da Conserva O auditorio multiusos da Illa de Arousa, do arquitecto Manuel Gallego, foi nominado aos prestixiosos premios de arquitectura Mies Van der Rohe 2009 , convocados pola fundación do mesmo nome e a Unión Europea. O concurso, dotado cun galardón de 60.000 euros, fallarase no mes de maio e nel compiten 340 obras europeas , incluidas 37 de España. O auditorio arousán e o Centro das Artes da Coruña son as únicas construcións galegas que participan na competición.

A pasarela peonal: argumentos en contra

Imaxe
Camiño de terra no parque de Carreirón Un dos proxectos urbanísticos que se propón levar adiante o concello no vindeiro ano é a construción dunha senda peonal arredor de toda a illa, exceptuando o perímetro do parque natural de Carreirón. A primeira fase da obra xa foi adxudicada por Costas e discorrerá entre a praia do Bao, onde xa hai creado un primeiro treito de pasarela de madeira, e a praia de Salinas. Nun principio, a idea de poder darlle volta á illa nun cómodo paseo pola beira do mar resulta atractiva tanto para os cidadáns locais como para turistas. Pero unha reflexión máis fonda pódenos levar a cuestionar esta iniciativa. ¿É necesario intervir en toda a liña de costa? ¿Ten que haber un paseo marítimo por Gradín, a praia do Peixe e Espiñeiro? ¿Tamén as Ruvas e a punta do Campelo teñen que quedar ao descuberto para os visitantes? A instalación dunha pasarela litoral converte en accesibles para as masas todos os recunchos naturais, os poucos que quedan, aínda virxes e resgardad...

Os blogs dos alumnos de informática

Imaxe
Captura de pantalla do blog de Paula , alumna do instituto da illa Os alumnos e alumnas da asignatura de informática do IES Illa de Arousa están a construír cadanseu blog, como parte da súa aprendizaxe do uso das novas tecnoloxías. Xa verán que inclúen algúns contidos referidos á illa. Un dos últimos exercicios nos que están traballando é no deseño dun negocio viábel para a Arousa, como poden comprobar no blog de Adrián Cores .