As primeiras lámpadas que iluminaron a illa
O alemán Ervin Willisch foi pioneiro na instalación dunha central eléctrica [Juan Dios Chaves] Arredor dos anos 30, vivía en Santa Uxía de Ribeira unha familia alemá, os Willisch, de profesión mecánicos, que traballaban nos barcos de pesca en Ribeira e temporalmente na Illa de Arousa. Vendo a necesidade que a Illa tiña de luz eléctrica decidiron montar un grupo electróxeno no sitio no que logo se construíu a fábrica de conservas "Bouzada y Gil", no Cantiño.