Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta festas

O desfile de carros culmina un Entroido marcado pola crise

Imaxe
[Susi Rial] O desfile de carros celebrado o pasado sábado marcou o punto final do Entroido, logo da suspensión do acto a fin de semana anterior. Tanques, gnomos, castelos e fantasías de Entroido, entre outros, paseáronse polas rúas enchendo de música e colorido o inesperado epílogo destas festas. O Entroido é unha das citas máis agardadas na Illa durante todo o ano, polo que xa durante a semana anterior ó seu comezo, eran moitos os que ían quentando motores. O luns de carnaval máis famoso, que non é outro que o da Illa, non defraudou. Autobuses e taxis estiveron en actividade frenética durante toda a noite, dando lugar a unha nova marca de asistencia no día grande da Illa. O mércores de cinza, as mulleres das Rubas volveron organizar o enterro do liborio. E este ano, o “afortunado” para ser botado á fogueira foi Berlusconi. Desta vez, non se repartiu pan de millo, tal e como viña sendo tradición. E é que a crise chéganos a todos. O Entroido 2011 foi inusualmente máis longo e pode qu...

Todas as letras das comparsas

Imaxe
As letras dos M.D.A. ............................................................................................................................. As letras das Rumorosas ............................................................................................................................. As letras da comparsa Armonía

San Xulián non se mollou

Imaxe
 O 7 de xaneiro é tradición ir de viños [Susi Rial] Anunciábase un día de chuvias e treboadas, pero finalmente, a mesma climatoloxía honrou ó noso patrón coma se dun arousán máis se tratara, e no momento da procesión, San Xulián puido percorrer as rúas da Illa sen maiores incidencias. No que respecta á troula, tamén puido levarse a cabo sen maiores complicacións, aínda que o día invitaba a permanecer dentro dos bares, máis que no camiño. A excepción daqueles, iso si, que saían á porta a fumar. E iso que os bares foron xenerosos e permisivos cos fumadores ante a nova lei antitabaco. No ámbito masculino, coma sempre, un 10. Por esa elegancia que tanto reparo dá lucir outras veces, e que os homes pasean con tanto orgullo en San Xulián. E no ámbito feminino, outro tanto. Cada vez máis, o día do Patrón é unha festa de exaltación da beleza arousá, sendo máis importante a indumentaria dese día que a da propia noite de Fin de Ano. A festa prolongouse ata altas horas da madrugada, ata qu...

Lembrando o Patrón de antes

Imaxe
Un bolo de pan de ovos feito na casa [María García] O recordo que teño das festas do Patrón de antes está envolto nun inequívoco cheiro a pan de ovos, doce típico destas datas na illa. O pan facíase na casa, cada un amasaba o seu, pero logo, o que non tiña forno -forno de leña-, ía cocer á casa dalgún veciño que o tiña. Así, era normal que se xuntaran varias familias para cocer o pan de ovos no forno a noite de Reis. Eran tres días de festa, os tres ben importantes. Existía o costume de invitar a comer ás amizades de fóra que tiña cada un. O día de San Xulián, mentres as mulleres cociñaban para os da casa e mais os invitados, os homes ataviados coas súas mellores galas, saían a tomar os viños e formaban cantareas nas tabernas. Chegaban tarde para comer, pero chegaban e comíase en familia; mesmo nalgunhas casas tamén había cantarea despois de comer. E pola noite, todos ó baile para honrar ó Patrón.

O Nadal, de novo

Imaxe
 O alumeado de Nadal [Susi Rial] Como se adoita dicir nestes casos, aínda o outro día estabamos no verán, cando de súpeto nos sorprende o Nadal. E é que estas non son unhas festas como as demais. Quizais porque son longas, porque requiren máis gasto que calquera outra data sinalada, ou porque, dunha maneira inconsciente, nos obriguemos a nós mesmos a aparcar os problemas cotiáns durante estas semanas. Polo que sexa, pero do Nadal ninguén pode escapar. Durante os últimos anos, apréciase un descenso de xente nos bares as noites de Nadal e de Fin de Ano, pode que debido á situación económica ou mesmamente ó frío. Iso si, nunca falta alguén que diga aquilo tan vello de "Feliciano" coa ilusión da primeira vez. E é que son tantos os días especiais, que xa non sabe un para cal reservarse, posto que se dá na Illa a especial particularidade de que, cando nos arredores van retomando a vida normal, a nós aínda nos queda a maior das festas, a do noso patrón San Xulián. Nós seguiremos...

Un adianto sobre o 'Entroido na Arousa'

Imaxe
[Redacción] Logo de moito tempo de traballo , Antonio Millán ofrece o sábado ás 19.00 horas un adianto do libro "Entroido na Arousa", que el mesmo está preparando, en colaboración co fotógrafo Miguel Chazo. O acto consistirá nunha pequena presentación dos contidos e mais a proxección de fotografías, antigas e recentes, do Carnaval arousán. Os autores agardan que a obra poida estar lista para a  venda nos vindeiros meses.

Os actos do aniversario da ponte

Imaxe
O cartel da festa de aniversario Fonte: A Illa dos Carcamáns [Redacción] O Concello da Illa de Arousa celebra do 14 ao 18 de setembro o 25º aniversario da construción da ponte, cunha programación de actividades que inclúe concertos, unha mostra fotográfica sobre os momentos clave da infraestrutura (as reivindicacións populares, a primeira pedra e a inauguración) e unha mesa redonda na que intervirán Sito Vázquez e outros membros da “comisión pro-ponte” de 1979. Os festexos chegan nun momento no que a ponte está a experimentar a maior reforma da súa historia, consistente na reparación dos elementos estruturais e na ampliación da plataforma viaria. As obras, valoradas en 14 millóns de euros, está previsto que rematen a comezos do vindeiro ano.

O desembarco na distancia

Imaxe
[Susi Rial] O día do Carme é o día máis agardado de todo o ano na Illa. A súa chegada marca o final das festas, por iso todo o mundo trata de vivilo da forma máis intensa posible. A primeira opción é ir á procesión. Pero os amantes do "vermú" prefiren ficar en terra, porque non hai día no que a hora de xantar se demore tanto.

Os da 'Galega' van ao raño

 Un reporteiro do programa Na túa pel acompañou a un mariñeiro arousán ao raño para facer unha reportaxe sobre o marisqueo a flote. Despois dunha xornada de traballo, o reporteiro acabou  rebentado, con quilo e medio de ameixas e unhas cantas bochas... Aquí teñen  o programa enteiro , emitido o pasado 20 de xullo.   As cámaras da canle autonómica tamén estiveron gravando nas festas , esta vez, para o programa Na punta do pé .

Roxa, rubia, vermella, encarnada

Imaxe
A I Festa da Ameixa Roxa, no Chufre, coas bandeiras en homenaxe á selección de fútbol Coincidiu esta fin de semana a primeira festa da ameixa “roja” coa victoria da “roja” no Mundial de Fútbol de Sudáfrica. Dirán vostedes que ten que ver unha cousa coa outra, pero os amigos das cábalas de seguro que non pasan por alto tanta casualidade. Habendo no mar incontables especies de viandas comestibles, foi precisamente a ameixa “roja” a escollida para facer de engado dos turistas, unha vez máis. Non existe en Galicia ningunha outra exaltación gastronómica especializada na venerupis rhomboides , e inventámola nós. Fíxense vostedes, ademais, no acertado da tradución: á hora corrixir o castelanismo co que se denomina na Arousa a ameixa, optouse pola forma “roxa”, desbotando outras posibilidades como “vermella” ou “encarnada”, máis axeitadas para traducir o termo castelán “roja”. “Roxa” tiña que ser, e con razón. A venerupis rhomboides chámase tamén “ameixa rubia”, e polo tanto, tamén poder ser...

Unha misa especial

Imaxe
 Un cabezudo posando no atrio, ao remate da procesión O pasado domingo foi un día de festa para a Igrexa de San Xulián. O sacerdote Víctor Suárez Gondar (Illa de Arousa, 1982), recentemente ordeado, elixiu a celebración do Corazón de Xesús para oficiar a súa primeira misa, ante a xente que o veu medrar e tocar a campaíña dende que era un rapaz. Na súa homilía, o cura arousán amosouse orgulloso de ser da Arousa, dixo sentirse "libre" e agredeceulles aos veciños que comprenderan o camiño que escolleu. A cerimonia concluíu cun sonoro aplauso por parte dos fregueses, que logo saíron en procesión coa imaxe relixiosa a ombros e os rebuldeiros  cabezudos rondando. E ao remate, ata houbo pinchos no atrio, ofrecidos polo novo sacerdote, que marcha a Roma a continuar a súa formación relixiosa.

Serán comarcal en Cambados

Imaxe

Noite de San Xoán

Imaxe

O día dos matrimonios de longa duración

Imaxe
 Os familiares dos matrimonios homenaxeados participan na celebración  A alfombra floral de costume, no Campo Unha vez máis, toca deixar constancia da celebración, o pasado domingo, do "Sacramento", a festa relixiosa coa que os matrimonios da Arousa celebran os 40 anos de casados. Nesta ocasión, foron 14 as parellas que decidiron xuntar á familia á mesa con motivo das súas vodas de ouro, algunhas menos ca en anos anteriores ( 2008 , 2009 ).

Outra festa no calendario gastronómico

Imaxe
A carpa gastronómica do Chufre ofrece marisco case todas as fins de semana de xullo e de agosto Ás festas da navalla, do mexillón, dos produtos do mar e do polbo, súmase este ano unha nova convocatoria gastronómica, cuxos beneficios irán destinados a financiar o clube de Ximnasia Rítmica Illa de Arousa. Trátase da primeira edición da Festa da Ameixa Encarnada , que terá lugar  do 10 ao 11 de xullo no Chufre, como é habitual. Coa papatoria de ameixas arrinca o calendario festeiro do vran: na seguinte fin de semana tocaralle o turno á Festa da Navalla, e na outra, ás festas do Carme.

O repertorio inédito dos M.D.A.

Aínda que a moda do "politicamente correcto" tamén vai calando pouco a pouco nas letriñas do Entroido, as comparsas arousás teñen por tradición a crítica, de xeito explícito ou encuberto, á veciñanza. A gracia que demostren nesta arte determina o seu éxito entre o público. No repertorio 2010 dos M.D.A. hai dúas cancións que provocaron moitas risas e comentarios, e que non constan nas historias impresas. Agora xa podemos escoitar unha delas no Youtube.

As famosas letras dos M.D.A.

Imaxe
Os M.D.A. disfrazáronse de presos de Guantánamo Semella que a crítica popular é unánime á hora de considerar as letras dos M.D.A. como as mellores deste Entroido. Aquí as teñen.

Rodeado de Rumorosas

Imaxe
O obreiro da ponte, posando coas Rumorosas O home que ven na imaxe con cara de satisfacción é un dos obreiros que está a traballar na reforma da ponte. Probablemente nin se lle pasou pola cabeza que puidera acabar formando parte das personaxes que aparecen nas letriñas do Entroido, pero así foi. A comparsa máis "sexy" da Arousa, As Rumorosas, fai referencia a el no seu repertorio deste ano: " Despois de cuarto siglo esperando a que amplíen o puente, xa o están reformando (...). Vou pa traballar contenta, traballar contenta, cando abre o día, vexo ao obrero bijotudo, move a paletilla, mirando pa min ". Tras coñecer o seu inesperado protagonismo, o traballador andou a buscar pola comparsa e cando a localizou, posou así de contento coas súas admiradoras. Portada e contraportada das letriñas das Rumorosas A comparsa As Rumorosas está formada exclusivamente por mulleres

Esperanza Aguirre arde na queima do liborio

Imaxe
As viúvas acompañaron a Esperanza Aguirre en mortuoria procesión Saiu do Naval entre os estrondos dos foguetes e baixo a luz das últimas horas de sol do día. Erguida nun tractor, desfilou solemne ata a Casa do Mar, para volver logo ao punto de partida e arder nas lapas purificadoras do Entroido. A primeira visita da presidenta da Comunidade Madrid, Esperanza Aguirre, á nosa Arousa rematou cunha queima, a do liborio, transmutado este ano na súa figura, por obra e decisión popular. Hugo Chávez xa correra a mesma sorte o ano pasado .

O Carnaval da Arousa

Get this widget | Track details | eSnips Social DNA Unha canción de Radio de Arousa .