O cartel da festa de aniversario
Fonte: A Illa dos Carcamáns
[Redacción] O Concello da Illa de Arousa celebra do 14 ao 18 de setembro o 25º aniversario da construción da ponte, cunha programación de actividades que inclúe concertos, unha mostra fotográfica sobre os momentos clave da infraestrutura (as reivindicacións populares, a primeira pedra e a inauguración) e unha mesa redonda na que intervirán Sito Vázquez e outros membros da “comisión pro-ponte” de 1979. Os festexos chegan nun momento no que a ponte está a experimentar a maior reforma da súa historia, consistente na reparación dos elementos estruturais e na ampliación da plataforma viaria. As obras, valoradas en 14 millóns de euros, está previsto que rematen a comezos do vindeiro ano.
Martes 14 de setembro
Acto de inauguración das actividades, no auditorio municipal ás 19.30 horas. E estrea da mostra de fotografías “A illa antes da ponte”, “A festa da ponte, 1979”, “A primeira pedra, 1982”, “A construción da ponte” e “A inauguración” (pódese visitar ata o 30 de setembro).
Mércores 15
Mesa redonda sobre a historia da ponte, ás 19.30 h., e actuación do monologuista Carlos Blanco, ás 21.00 horas, no auditorio municipal.
Xoves 16
Actuación do grupo A Roda, no auditorio municipal ás 21.00 h.
Venres 17
Actuación de Nordestinas no auditorio municipal ás 21.00 h.
Sábado 18
Actuacións dos grupos de pandereteiras, baile e gaitas de Dorna (19.30-20.30 h), Leixaprén (21.00 h) e Undertown, Rif-Raf e Estudio 3 Djs (22.30 h), na praza do Regueiro.
Lamentando-o muito e por motivos laborais, alguns membros do grupo Leixaprén não estarão livres para o 18, assim que não participaremos no festival. Esperamos que se nos desculpe e poder estar noutra ocasião...
ResponderEliminarÑao hai problema. Non durmo hoxe
ResponderEliminarCoido que sería:
ResponderEliminarNão há problema. Não durmo hoje.
Machiño, menos problema e durmo non acertaches unha.
Si, qué gracioso eres! claro que ese sentido do humor sólo o entenderán na túa casa!!
ResponderEliminarpois a verdade e que e unha pena, porque a min gustariame volver a ver aos leixapren, xa que teño un recordo moi vago das suas actuacions.
ResponderEliminarun saudo Pepe, outra vez sera.
Si, que lástima, está moi ben o disco no que sae "A rua das hedras", a ver se pode ser noutra ocasión (antes do 30º aniversario) :) ;)
ResponderEliminar