Buscar neste blog

13 de set. de 2010

25 anos non son nada

Un momento das obras de construción da ponte

[Susi Rial] O 14 de setembro de 1985 cambiou a vida irremediablemente da xente da Illa de Arousa. A nova existencia do acceso rodado á Illa traería consigo unha nova percepción xeográfica. Antes o Bao daba a sensación de estar lonxe, moito máis lonxe do que está agora. Era un espazo enlamado que semellaba non formar parte da Illa, porque era coma un mundo aparte. A súa contribución foi vital para cumprir o vello soño da ponte.
Aquel 14 de setembro foi un día de tensións e nervios. Pero na lembranza dos arousáns ficou un día feliz. A Illa presumía da súa nova ponte, engalanada de arriba a baixo con bandeiras. Xamais se ía vivir unha festa semellante. Os meses posteriores quizais foron os máis duros para os arousáns. A invasión de visitantes era continua. Iso que agora é tan normal, daquela era o mesmo que estar vendo como alguén entraba na túa casa e andaba coas túas cousas. Comezaban as primeiras dúbidas. A necesidade da ponte era un feito, pero, acaso algo se escapaba por ela?, perdería a Illa a súa identidade?, abusaría a xente de fóra dos nosos recursos? A resposta témola agora, 25 anos despois. A apertura da ponte facilitou que a xente nova puidera estudar, polo que agora temos grandes profesionais arousáns en infinidade de disciplinas. Aínda así, segue habendo unha maioría mariñeira, incluso entre a xente máis nova. A ponte abriunos ó mundo e o mundo entrou na Illa. Aínda así, soubemos conservar a nosa idiosincrasia, porque a Illa segue sendo un pobo singular no que se embarca nos coches e se fai gasolina.

11 comentarios:

  1. Irremediablemente,a ponte cambiou a vida da xente da arousa,non me gusta decir que ganamos ou que perdemos,si non quee diferente.

    ResponderEliminar
  2. claro que e diferente, pero debatir entre si gañamos ou perdemos pareceme fora de lugar, que ten cousas positivas e outras negativas sen dubida ,pero non se pode ter todo nesta vida.

    ResponderEliminar
  3. indudablemente evolucionar e gañar e gañamos, a libertade e a identidade dun pobo como a illa nunca se perdera despois de 25 anos ninguen o pode negar deixemos que todos os que ata aqui se acerquen o poidan disfrutar

    ResponderEliminar
  4. si,bueno,todo eso ta moi bn pero ese mundo aparte k ti dis cada vez kedan menos e esperemos k nun futuro todo esto non acabe sendo a toxa.

    ResponderEliminar
  5. pensachedes que seria de nos sen aponte

    ResponderEliminar
  6. Pa que a nosa Illa, non acabe sendo a Toxa, ou, peor aínda:Sanxenxo e Portonovo, hemos de coidarla todos e que non caiga en mans dos especuladors. En canto a Ponte que nos uneu co mundo exterior, eu considero que tíñamos que estar saltando de alegría, xa non se pode falar da Illa, sin a sua ponte, e que me perdoen os nostálgicos, que pensan que estábamos mellor sin conexión.

    ResponderEliminar
  7. Moi bo artículo, pensar en ponte ou non e un luxo que non nos podemos permitir, coma ti dis o importante é conservar a nosa idiosincrasia e eso esta nas nosas mans, non se lle poden atribuir a ponte os males.

    ResponderEliminar
  8. Eso de isla nada,peninsula!,Viva a endogamia!!jajaj,e coña o,k nadie se enfade.

    ResponderEliminar
  9. Joer, de quen eran as plantas de marilloni que colleitou a guardia sivil! herbisidas, que son uns herbisidas, onde está o ecolojismo?

    ResponderEliminar
  10. mamporriño , of course.

    ResponderEliminar

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A administración do blog eliminará os comentarios que estime conveniente.