A partir desta fin de semana, na illa incorpora unha nova colaboradora, Susi Rial Guillán , que nos irá achegando ocasionalmente novos artigos de temática arousá. Licenciada en Xeografía, Susi Rial xa ten colaborado hai tempo neste blog, coa redacción do artigo A ditadura do metro cadrado . Agora inicia unha nova etapa, que se estrea cunha entrada sobre os patos de Semuíño, o seu barrio. Os artigos de Rial irán identificados cunha etiqueta propia, que facilitará o seguimento das súas colaboracións. Por outra banda, tamén foi mellorado o motor de busca do blog . O buscador anterior só permitía localizar palabras nos títulos das entradas. Co novo sistema, o buscador rastrexa as entradas completas e tamén os comentarios, un avance que tamén foi implantado en na illa 2 , o blog de apoio no que se aloxan o dicionario de ausencias, a talasonimia e os outros proxectos de participación colectiva. Deste xeito, pódese recorrer ao buscador para consultar o significado dun termo e o deba...