As vacacións foron longas, pero miren que castelo construímos. É fraxil, xa o sabemos. A calquera hora, a subida da marea lévao por diante. Pero iso non impide que, gran a gran de area, vaiamos edificando soños, experimentando con fórmulas que nos acheguen a un proxecto mediático da Arousa e para a Arousa. Comezamos nova tempada, con novo deseño. Vostedes teñen, como sempre, moito que dicir. O novo correo naillaredaccion@gmail.com está á súa disposición, para enviar notas de prensa, avisos, suxerencias e tamén queixas.
O fráxil tamén é fermoso; e hai mareas que teñen que anegar cousas. Pero con esas olas xa contabamos, así que o importante é non parar de CREAR.
ResponderEliminarUn saúdo para os/as carcamáns dende terradentro
Que a forza che acompañe..
ResponderEliminarAdiante co Xornal, e pedra a pedra!
ResponderEliminarCon esa peza de arte efímero descubro este xornal. Botareille unha ollada con tempo
ResponderEliminar