Publicacións

Mostrando publicacións desta data: agosto 17, 2008

Continúan as mobilizacións do sector mexilloeiro

Imaxe
Evolución das importacións de mexillón chileno. Fonte: Comadex O sector mexilloeiro galego permanece en folga desde o pasado 3 de agosto debido, fundamentalmente, á caída do prezo do bivalvo nos últimos anos. Na perda de valor do mexillón influiu a masiva entrada no mercado de bivalvo foráneo, chileno na súa maioría, un produto que, en ocasións, se envasa baixo etiqueta “galega” e que non está sometido aos estritos controis que debe superar o mexillón autóctono. Por outra banda, as divisións internas do sector, caracterizado polo minifundismo organizativo, non favoreceu a adopción dunha estratexia única para competir no mercado global, de xeito que a crise se agudizou. Así as cousas, a descarga de mexillón para fábrica permanece paralizada, a pesares da oposición da Federación Arousa Norte e Virxe do Rosario (Vilaxoán), os dous únicos colectivos de bateeiros que se resisten a sumarse á central Pladimega (Plataforma de Distribución de Mexillón de Galicia), aínda en proceso de creación....

Arroaces

Imaxe
Arroaces no carreiro de Carreirón, o pasado domingo Nas augas da Arousa non é difícil avistar bandadas de arroaces saltóns. Estes inquedos mamíferos, que se alimentan de peixes, gozan da simpatía das xentes do mar, e iso que moitas veces furan as redes dos mariñeiros na procura de presas fáciles.

Regata Calmoseira: permitido bogar

Imaxe
A regata Calmoseira celebra o vindeiro sábado en Cambados a súa segunda edición, cunha novidade importante na organización: pódese bogar. Deste xeito, se o mar queda en calma podre, os navegantes poden botar man dos remos. A iniciativa contribuirá a darlle emoción e espectacularidade á regata de dornas a vela. Boa idea!