Publicacións

Mostrando publicacións desta data: marzo 11, 2007

Pregóns dunha caracola... e A Ghrañola

Imaxe
[Helena Domínguez] Pregones de una caracola y narraciones de un grumete é probablemente a única novela que existe inspirada abertamente nas xentes e no xeito de vida da Arousa; unha Arousa case irrecoñecible hoxe en día. Escribiuna Juan Otero Dios "Nitucho", estando en Huelva en 1966, e constitúe unha xoíña por todo o que nos conta daqueles anos. Polas páxinas do libro desfilan personaxes e reais, desde o fareiro mallorquín que asistía a tódolos enterros, ata os "foleiros" que viñan da Pobra do Caramiñal traer fariña, ou o propio tío do autor, Manuel "Mighalla", un xubilado a quen os fillos lle tiñan que agochar a vela da dorna para que non saíse ó mar e puxese a súa vida en perigo. Un dos capítulos está dedicado a María "A Ghrañola", unha extravagante e entrañable muller, cuxo recordo permanece vivo na memoria popular colectiva.  Nos seus delirios, A Ghrañola soñaba con casar cun príncipe inglés. E cando a escuadra inglesa asomaba pola ría ...