Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta turismo

O turismo do vento

Imaxe
[Susi Rial] Ben coñecida é a forza coa que o vento sopra na Illa . Iso fai que cada vez sexan máis os que nos visitan para aproveitar esta enerxía que tanto abunda. Por iso, nas inmediacións do Bao é doado atopármonos con xente facendo surf, ski surfing e ata facendo voar unha cometa. O reclamo do vento é un factor do que case non se fai promoción, pero iso non evita que os visitantes veñan espontaneamente. Ademais, trátase dun turismo máis limpo e menos agresivo ca o de sol e praia. Tampouco se trata dun turismo estacional, porque para a práctica destas actividades non son imprescindibles as temperaturas agradables.

As novas consignas da bandeira azul

Imaxe
 Bandeira azul na Area da Secada [Susi Rial] A concesión dunha bandeira azul pretende premiar que se acadan certos criterios -legalidade, seguridade e accesibilidade, entre outros- nos areais, segundo a Asociación de educación ambiental e do consumidor (ADEAC), organismo encargado da concesión e a xestión das bandeiras.  Entre os criterios que se seguen, sempre tiveron unha especial prioridade o da "información e xestión ambiental", pero o certo é que, a nivel usuario, isto non se percibe desa maneira. Normalmente, adoitamos asociar a bandeira azul cunha praia á que os turistas acoden en masa, sen valorar a súa riqueza ecolóxica, máis aló da súa lonxitude e da súa area branca. Quizais por iso, a ADEAC decidiu incorporar novos criterios de valorización, máis acordes co desenvolvemento sustentable. Entre eses novos criterios, destacan a eliminación das duchas, por consideralas un gasto de auga innecesario, e por outra parte, a preservación das algas. Certamente, non deixa de...

Clásicos gastronómicos do Chufre

Imaxe
Mexillóns "tigre", sardiñas asadas e navallas, tres clásicos do verán arousán A festa do mexillón presentou por 1ª vez no seu repertorio as vieiras Tanto ten se se trata da festa da navalla, da festa do mexillón ou da exaltación dos produtos do mar. As carpas gastronómicas do Chufre ofrecen cada fin de semana de agosto un menú similar que inclúe mexillóns tigre, sardiñas asadas, navallas, polbo á feira e ameixas á mariñeira, entre outros. Só a festa do mexillón ofreceu un prato exclusivo e novidade deste ano, as vieiras recheas con mexillóns. Moi boas, por certo.

O que dou de si o verán

Imaxe
Festa dos produtos do mar no Chufre Unha vez máis, tivemos festas gastronómicas no Chufre todas as fins de semana de agosto, tentando aos visitantes con mariscadas a prezos populares. A animación turística do porto tamén beneficiou aos bares, que exhibiron terrazas cheas da mañá á noite e algúns recibiron á mesa, discretamente e sen barullos, a destacadas personalidades, desde o medallista olímpico vilagarcián Antón Paz ata o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño. O edificio multiusos, fronte á Casa do Concello A mediados de xullo, Louzán inaugurou a nova estrada das Aceñas, financiada pola Deputación . E a finais de agosto, o Concello contou con Touriño para a estrea oficial do edificio “multiusos”, proxectado polo arquitecto Manuel Gallego, ao igual que a Casa do Concello. As obras do museo da conserva continúan. Ao raño, no Areoso Iscando as nasas no pantalán do Chufre Os bateeiros botaron todo o verán facendo concentracións, piquetes e reunións. Os que van á navalla ...
Imaxe

O aluguer, para os turistas

Imaxe
Os pisos das Laxes en construción, no inverno de 2006 Nunha illa inzada de pisos baldeiros de nova construción, parece mentira, pero resulta unha tarefa difícil atopar unha vivenda en aluguer. Os propietarios prefiren reservar os pisos para os meses do verán, nos que chegan a cobrarlles 1.500 euros mensuais aos inquilinos, antes que facer un contrato de aluguer de longa duración a alguén que desexe vivir na illa todo o ano. Por outra banda, a renda mensual do aluguer xa acadou a barreira dos 400 euros, un prezo moi superior aos que se fixaban hai só uns poucos anos, e por riba, as inmobiliarias obrigan a pactar o abandono do piso no mes de xuño. O incremento da oferta de pisos nin baixou os prezos nin incrementou as posibilidades de emancipación da xuventude local. O negocio do aluguer está no turismo de sol e praia.

O balance turístico

Imaxe
A oficina de turismo das Laxes, que este ano estivo aberta por primeira vez no mes de outubro, pechou a tempada coa visita de 22.000 persoas, a maioría procedentes do País Vasco, Cataluña, Valencia e Madrid, de acordo co balance oficial. Os aspectos da illa máis valorados polos turistas foron a paisaxe, a gastronomía e “a ruta dos cons”. Este itinerario turístico comezou a promocionarse o pasado verán, cun xeitoso folleto que propón unha visita ás pedras e aos cons máis característicos da Arousa. Parece que gustou. Portada do folleto turístico Páxina interior

As festas gastronómicas, unha fonte de financiamento

Imaxe
Hoxe domingo remata a última das celebracións gastronómicas do verán, a X Festa do "Pulpo". Todo comezou hai dezaseis anos, coa Festa do Mexillón, daquela, a única exaltación gastronómica existente. Logo virían a Festa do Polbo, a Festa dos Produtos do Mar e finalmente, a Festa da Navalla, a última en chegar ao calendario festivo. Este tipo de celebracións serven para dar a coñecer o marisco local e, sobre todo, para financiar as entidades culturais e deportivas da illa. Os clubs de piragüismo, baloncesto, ximnasia rítmica, o club de fútbol Céltiga e a asociación cultural Dorna altérnanse e comparten as labores de organización, implicando non só aos membros destas entidades, senón tamén a un gran número de veciños. Cortando os últimos raxos de polbo, no Campo