Publicacións

Mostrando publicacións desta data: decembro 27, 2009

O Cambadés despídese da súa clientela

Imaxe
Luís, "O Cambadés", chegou con cinco anos á Arousa Interior da ferretería, coa primeira duplicadora de chaves que houbo na Arousa   [Helena Domínguez] Co remate do ano, bota o peche un dos comercios emblemáticos da Arousa, a ferretería do Cambadés, aberta en 1974. A do Cambadés foi durante moitos anos o único establecemento da illa especializado en suministros navais. Risóns, cabos, roupas de augas, instrumentos de pesca, carenas, alquitráns, estopa de calafatear... O Cambadés tiña todos os útiles necesarios para o desenvolvemento do traballo no mar, ademais de puntas e outras ferramentas de albanelería. Nos tempos de antes, vendía de “fiado” aos clientes de confianza, xa que era costume que os mariñeiros pagaran cando cobraban. Agora toca a retirada.

Colectivo escultórico Azul

Imaxe
Unha mostra das esculturas expostas Peza de Néstor Vázquez Ata o 8 de xaneiro pódese visitar no auditorio unha mostra do colectivo escultórico Azul. O grupo, formado inicialmente por ex alumnos da Escola de Artes e Oficios de Vigo, traballa na procura das diferentes posibilidades artísticas que ofrece a madeira, en combinación con outros materiais. A exposición reúne unhas quince esculturas de Xulia Neiva, Pepe Guenaga, Carlos Graña, Suso Corrales, Néstor Vázquez e Pablo Sexto.