Ata o 8 de xaneiro pódese visitar no auditorio unha mostra do colectivo escultórico Azul. O grupo, formado inicialmente por ex alumnos da Escola de Artes e Oficios de Vigo, traballa na procura das diferentes posibilidades artísticas que ofrece a madeira, en combinación con outros materiais. A exposición reúne unhas quince esculturas de Xulia Neiva, Pepe Guenaga, Carlos Graña, Suso Corrales, Néstor Vázquez e Pablo Sexto.
Peaso tranca...ten a figura. Non entendo a deformación simbólica da figura humana e o mantemento do pirolón...supoño que algo de orgas-místico terá...
ResponderEliminarDecídelle a Kiko da Mora que peche a porta que voan as follas.
Interesantes esculturas as que se mostran na exposición....do mellor, as pezas de Pablo Sesto!!
ResponderEliminarComo crítica ó concello...podían valorar un pouquiño máis ós autores das pezas e permitir que a exposición esté aberta polas tardes. Onde se viu que unha exposición só de poida visitar de mañá de luns a venres e os sábados pola tarde?? Menudo interés demostran por que se fagan cousas interesantes neste pobo. Si a filla do alcalde salise escultora, as súas obras estarian expostas día e noite con Kiko da Mora de segurata!!
ResponderEliminarPero pa estas....non teñen persoal que abra as portas e vixile o multiusos!! Excusas baratas!!Así nos vai...
peaso trancón!!!
ResponderEliminarcreo que un vendedor de viagra encontrou este blog...
ResponderEliminarVaia ataque! Deixaron comentarios en chinés en todas as entradas do blog desde o ano 2006. Pouco a pouco ireinas borrando, non o dou feito.
ResponderEliminarDe momento, queda cambiado o sistema de comentarios, agora con verificación de palabra. Pídovos desculpas polos inconvenientes que poida causar.
Saúdos