Buscar neste blog

30 de dec. de 2009

O Cambadés despídese da súa clientela

Luís, "O Cambadés", chegou con cinco anos á Arousa Interior da ferretería, coa primeira duplicadora de chaves que houbo na Arousa
 
[Helena Domínguez] Co remate do ano, bota o peche un dos comercios emblemáticos da Arousa, a ferretería do Cambadés, aberta en 1974. A do Cambadés foi durante moitos anos o único establecemento da illa especializado en suministros navais. Risóns, cabos, roupas de augas, instrumentos de pesca, carenas, alquitráns, estopa de calafatear... O Cambadés tiña todos os útiles necesarios para o desenvolvemento do traballo no mar, ademais de puntas e outras ferramentas de albanelería. Nos tempos de antes, vendía de “fiado” aos clientes de confianza, xa que era costume que os mariñeiros pagaran cando cobraban. Agora toca a retirada.

10 comentarios:

  1. Como dirían os vellos "todo se acaba". Hoxe aparece no Faro a noticia do alquiler ou traspaso do Porto. Penso que tamén podería ter a súa pequena homenaxe.

    ResponderEliminar
  2. Por certo, para cando no Facebook?

    ResponderEliminar
  3. E creo que "Tejero" tamén vota o peche (tras o cambio de mans do histórico Campiño)... Esto debe de ser a apocalipsis ou unha confabulación xudeo-masónica.

    ResponderEliminar
  4. pois a verdade e que se trata de todo un relevo xeneracional, a ver si a xente nova se anima e monta negocios , que teño oido moito o de na illa non hay donde comer, non hay donde non sei que.....pero cando oio eso e lle digo montao ti, hostia , eso e moito traballo.......

    felicitar tanto ao cambades como os outros pola sua traxectoria profesional, e que disfruten da "sua xubilacion".

    ResponderEliminar
  5. que pena...¡co simpatico que é o cambadés e o seu "presio antijuo". Sempre me gustou como empaquetaba as puntas,e calquera articulo,con papel periódico.
    Justábame como tiña todo tan ben arrombadiño no mostrador; o ruido que facía a máquina das chaves sempre me fixo moita gracia... Un sudiño pó cambadés da arousa!

    ResponderEliminar
  6. pois si, creo que sera unha parte da nosa infancia que as novas xeracions non entenderan cando falemos del, e como cando eu oio falar do taller do Sr. Flecha , sei que era un taller de bicicletas , e hasta creo que sei donde ubicalo , ali no callejon de xunto a de Jorge o cullareiro.

    ResponderEliminar
  7. Simpático, simpático, e lojo cando ibas comprar unha roupa de ajuas ou así e che disía: "¿Cómo a queres con calefasión ou aire acondisionado?" Acojonante, e inda había quen iba de volta á casa prejuntar, e claro, levaba un par de ostias, normal.
    Un saúdo ó cambades

    ResponderEliminar
  8. e unha pena que non siga nadie con ese negocio...aparte de ter as cousas mais varatas que calquer ferreteria, Luis Gonzalez convirteuse en todo un persoaxe "O CAMBADES"que algen se anime e que o colla ainda que sea como taberna!!!

    ResponderEliminar
  9. marijuna de los huebos!!!

    ResponderEliminar
  10. como me justaba pasar por ese callejon, o cheiro a piche que desprendia a do cambades mesclandose ca do pejamento que usa eladio o sapateiro e o da sebola do forno de mascato!!!jejeje...unha mezcla de aromas inconfundible.

    ResponderEliminar

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A administración do blog eliminará os comentarios que estime conveniente.