Iniciativa popular para mudar o nome do Concello

[Redacción] O exalcalde Sito Vázquez vén de iniciar dende o seu blog unha campaña para que o Concello da Illa de Arousa mude o seu nome por 'Concello de Arousa'. Vázquez preparou un modelo de carta de solicitude que os usuarios poden descargar e enviar por correo ao alcalde. Historicamente, tanto os habitantes insulares como os seus veciños se referiron á illa co nome de “Arousa”, unha tendencia que comezou a mudar a partir da constitución dun municipio propio baixo o nome de “Concello da Illa de Arousa”, de xeito que se está impoñendo o nome de “illa” para referirse ao lugar. Vázquez xa ten escrito en varias ocasións sobre a preocupación que lle causa o feito de que a illa estea a perder o seu nome . Máis información sobre a nomenclatura da Arousa: A illa nos mapas antigos: I , II , III (Susi Rial) Concello da Arousa (Sito Vázquez) O nome da Arousa (Ilha de Orjais) Arousa: a illa dá o nome á ría (Xoán Dopico, revista Dorna )