Buscar neste blog

6 de ago. de 2009

A condena de vixiar as praias

Cartel á entrada de Carreirón que advirte da prohibición de mariscar

Mulleres vixiando en Camaxe, a pasada semana

Cada ano, no verán, refórzase o sistema de vixilancia das praias para evitar o marisqueo furtivo. A confraría conta cun equipo de control, subvencionado parcialmente pola Xunta, que patrulla a liña de costa en motos e vehículos todo terreo. Con todo, o persoal é insuficiente para cubrir os numerosos areais da illa, tendo en conta a gran afluencia de turistas na época estival. Así, as mulleres que pertencen ao cabildo vense obrigadas a organizarse pola súa conta para protexer os seus recursos marisqueiros.
Todas as sequeiras arousás, sen excepción, túrnanse para vixiar a diario os bancos marisqueiros máis prezados, en longas xornadas non remuneradas. Por riba, ao carecer de autoridade oficial, de cando en vez teñen que enfrontarse verbalmente ás persoas que, aínda sendo sorprendidas apañando ameixas, non aceptan a prohibición de mariscar que rexe sobre as praias da Arousa.
A vixilancia das praias é unha condena que as mulleres aceptan con resignación e na que subxace unha compoñente machista. Estarían dispostos os rasteiros a botar o verán facendo gardas voluntarias?
Por outra banda, é preciso matizar que tamén existen dispositivos de control no mar, que se manteñen todo o ano as 24 horas do día. Neste caso, trátase dun traballo remunerado e o perfil do furtivo é un mariscador local.

7 comentarios:

  1. ospapeisdegradin06/08/09, 16:46

    si fosen tanto os homes como as mulleres, tocarialle a 4 ou 5 dias de guardia cada veran(asi a bote pronto) , seria moito mais xusto e non lle costaria tanto traballo a xente......

    ResponderEliminar
  2. esto e de coña, coa vixiancia que hai mandan o peloton cada dia as praias. Tercermundista. Porque non mandan os homes o areoso que llas roubaron todas

    ResponderEliminar
  3. E verda,e unha condena para as mariscadoras da arousa todolos verans a vixiar.A min casi me da vergonza este "sistema" de vixiancia.Ademais,hai que estar alì ainda que chova,ata às dez da noite si e o caso e sin haber ninguèn na praia.¡por favor!

    ResponderEliminar
  4. cidadan_8608/08/09, 12:32

    É unha vergonza que solo vaian as mulleres a mariscar, é algo obiamente machista. deberian vixiar os dous, o marisco non é só o medio de subsistencia das mariscadoras, tamen dos rasteiros

    ResponderEliminar
  5. pan de algha08/08/09, 21:24

    home, un pesadelo que tenho moitas noites é que as mulleres vixilantas me persighen pola arousa adiante por coller una caracolinha.

    ResponderEliminar
  6. La verdad que es indignante que las mariscadoras tenga que salir a vigilar. A mi me da una rabia que una comida familiar quede a medias porque varias de la familia tenga que ir vigilar. Tercer mundista vamos.

    Hay una facil solucion, meter mas vigilancia profesional y cuando cojan a un furtivo que le metan una buena multa, lo suficiente grande para que le sirva a los demas como aviso. Asi no tienen que ir las mariscadores aguantar los insultos y amenazas de los come mierdas de veraneantes ladrones.

    ResponderEliminar
  7. Hai mulleres que teñen tres tetas!. Interesante relato que lle podedes dar ás mulleres que van vixiar e así de paso rinse un pouco e faíselles a marea máis levadeira.


    http://www.manuelgago.org/blog/index.php/2009/08/23/as-mulleres-de-tres-tetas-e-outras-lendas-contemporaneas-da-ria-de-arousa/

    ResponderEliminar

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A administración do blog eliminará os comentarios que estime conveniente.