Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xuño 6, 2010

Os usos efémeros da nova estrada do Chufre

Imaxe
Ciclistas gozando da estrada en obras [Susi Rial] Dende hai xa algúns anos, as obras de construción da nova estrada do Chufre son un tema polémico, discutido e moi negociado. Tivo que pasar por riba de elevados custos, tanto económicos como medioambientais, así como das mobilizacións veciñais de aqueles que máis tiveron que sacrificar polo ben común. Pero hoxe, a estrada que une o Bao co peirao do Chufre é xa unha realidade. Tanto, que se estima que despois do verán se abrirá ó tráfico e serán 7.800 coches ó día os que retirará das estreitas e tortuosas rúas da Illa. Pero mentres non chega ese momento, a nova estrada xa está a ser utilizada. Coa chegada do bo tempo e durante a fin de semana, cando cesa o ruído das máquinas e os berros dos obreiros, a nova estrada convértese nun traxecto privilexiado para todo tipo de paseantes. Nenos en bicicleta que van á praia, xente facendo deporte,... e todo tipo de usuarios que poden admirar, ó longo de tres quilómetros, unha perspectiva da costa...

O patente

Imaxe
 Un mariñeiro dándolle  patente á dorna no Portiño [Información corrixida] Na fala mariñeira, chámaselle "patente" ao recubrimento que se aplica na obra viva das embarcacións, é dicir, na parte que se mergulla no mar, para evitar que se adhiran ao casco parásitos e estercos. Dar patente é un traballo que forma parte do mantemento habitual dun barco, sexa de madeira, poliéster ou ferro, e convén facelo unha vez ao ano.

Xuntanza da familia Goday na Arousa

Imaxe
Os descendentes de Juan Goday Gual , o industrial procedente de Canet de Mar (Barcelona) que montou no século XIX un próspero negocio conserveiro en distintos puntos das rías galegas, reuniranse o 7 de agosto na Illa de Arousa. A xuntanza, que xa se celebrou por primeira vez en Muros no 2008, quere poñer en contacto a familiares espallados por distintos lugares, entre outros, Cataluña, Madrid e varias vilas galegas. O programa inclúe actos relixiosos, unha visita guiada ao Museo da Conserva -unha das primeiras fábricas fundadas por Juan Goday- e unha conferencia sobre a industria conserveira, a cargo de Xoan Dopico. Desde o Grove, os descendentes da familia van facilitando todos os detalles do encontro neste blog .