Un mariñeiro dándolle patente á dorna no Portiño
[Información corrixida] Na fala mariñeira, chámaselle "patente" ao recubrimento que se aplica na obra viva das embarcacións, é dicir, na parte que se mergulla no mar, para evitar que se adhiran ao casco parásitos e estercos. Dar patente é un traballo que forma parte do mantemento habitual dun barco, sexa de madeira, poliéster ou ferro, e convén facelo unha vez ao ano.
Curioso significado desa palabra.
ResponderEliminarNos dicimos dar patente non sabia que o artigo era de xenero feminino.
ResponderEliminarpois eu, como aprendim a palavra em dorna, pensei que era evidente que se chamase assim...
ResponderEliminareu creo que na arousa usamolo en masculino, dicimos "solo me falta darrlle o patente".
ResponderEliminarA patente en feminino teria o significado de rexistro de invencion , polo menos eu entendo asi.
saudos
Eu tamén penso que dicimos o patente. Xa pechou o Cambadés, onde imos ir mercar o bispeiro, o azufre e a brea, canelas aínda temos, é certo que tamén cada vez menos. Imos a menos como as fanequiñas novas. Unha volvoreta que bate as ás e provoca un furacán no outro lado do mundo, mariposa.
ResponderEliminarSaúde e terra.
terra pa que???? pa poñer patacas??
ResponderEliminarXa está corrixido o xénero, grazas.
ResponderEliminarSaúde e terra...disque.
ResponderEliminarPois eu penso que pintar, dar brea e patente non debería de facerse nas praias porque sempre quedan restos por moito coidado que se poña
ResponderEliminarNon sei si sabes que a maioria dos patentes son de desgaste o que quere dicir que van arriando a capa o longo do ano ou o tempo que bote no mar. Actualmente todos son respetuosos co medio ambiente e non son contaminantes nin conteñen chumbo como levaban antes. O piche ou o alquitran si son mais malos de desfacerse pero o patente penso que non ten fallo.
ResponderEliminarcontamina mías o cohe que as dornas, deixao na casa e despois fala.
ResponderEliminarO patente pode ser biodegradable pero as pinturas, a lexía e o piche non e a xente ten o costume de lavar e pintar na praia sen botar as embarcacións arriva. O dos coches tamén e outro gran problema porque a xente está empeñada en chejar con eles á porta dos sitios e, joder, vivimos nun pueblo de 7 Km2 e sempre hai que pasar ao xusto por todos os lados porque, eso tamén e outra, as normas viais teñen carácter orientativo aquí
ResponderEliminarMoitas veces atopaste restos de pintura e piche na praias. Flipamos con unha jalleta de chapapote e non con medio bote de pintura ou de piche? E o do tráfico e ben sinxelo, deberíase peatonalizar case todo, limitar as zonas de aparcamento e idear un sistema de transporte para as praias, para que non haxa esa masificaión no verán
ResponderEliminarÉ coma todo,sabemos que está mal e inda asi facémolo,véncenola pereza supoño.
ResponderEliminar