Agardando o 22-M
[Redacción] Un total de 4.102 electores están convocados a votar o vindeiro domingo nalgunha das seis mesas distribuídas nos tres locais electorais cos que conta a Arousa: o Colexio Torre, a Escola de Pau e a Casa do Concello. A estas alturas, poucos indecisos quedarán, e semella que tampouco había moitos hai quince días, cando publicamos a enquisa. A campaña destas eleccións municipais será lembrada pola vacua estratexia de descalificacións desenvolvida por unha parte da militancia das dúas forzas maioritarias, PSOE e PP, nun contexto xeral de cuestionamento cidadán dos partidos políticos en todo o Estado. Dende nailla , seguiremos a xornada electoral e daremos conta dos resultados en canto se fagan públicos, o 22 de maio pola noite.