[Redacción] O vindeiro 25 de maio cúmprense dous anos desde que iniciamos o proxecto “Fraseoloxía carcamana”, co obxectivo de compilar e explicar as expresións típicas da Arousa. A idea xurdiu logo da posta en marcha doutro proxecto anterior, o “Dicionario de ausencias”, no que se lle pedía aos lectores que escribiran aquelas palabras que usan habitualmente pero que non veñen recollidas nos dicionarios de galego. No longo fío de comentarios que xenerou o Dicionario, comezaron a aparecer propostas de expresións, polo que foi necesario crear un novo espazo para darlles cabida. Ao longo de todo este tempo, levamos recollidas unhas sesenta frases. Cal é a súa favorita? Saben dalgunha outra que non teñamos inventariada?
eso é! para os que acaban de chegar e din que "este blog non é útil" e que so sirve para crear enfrontamentos... si os enfrontamentos os crean os mesmos que lle dan a importancia aos comentarios ruins! en todo este tempo e entre todos fixemos moitas cousiñas bonitas aquí... e esto é un exemplo. Unha das frases que máis me gusta e "meter a lancha a bordo" que ademais dame a sensación de que o estamos a sufrir constantemente mentres outros "están na auguiña dos ovos" ocupados en "facer a flor" XD
ResponderEliminar