Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta urbanismo

Crítica ao recheo do Portiño

Imaxe
  A primeira imaxe amosa o estado do Portiño en agosto de 2010. Contemplo a foto do antes e apéname pensar na oportunidade que se perdeu en 2017 (as obras que amosa a segunda imaxe) de rehabilitar unha praíña con porto en pleno centro urbano. O que temos agora é unha grande terraza de formigón que se eleva máis dun metro sobre o nivel do mar e cun único acceso á praia mal planificado e deseñado.  O muro debería estar máis retirado para atrás para deixarlle espazo á praia e á súa vexetación costeira. E as escaleiras deberían situarse máis arriba e cara a dereita, para poder acceder ao areal cando sobe a marea. Nas preamares sempre houbo momentos nos que non era posible atravesar o Portiño en seco pero co acceso de agora a cousa complícase. Aínda non chegou o mar arriba e xa non se pode baixar á praia porque as escaleiras xa están somerxidas, tal e como se pode ver na terceir imaxe.Quen deseñou a obra non atravesou nunca a praíña nin sabe que antes a rapazada xogaba nos cons Sa...

E á dereita, o continente

Imaxe
Os antigos sinais que orientaban os condutores sobre a ruta de saída da illa cunha frecha que sinalaba o “continente” foron no seu día obxecto de moita brincadeira, tanto entre as xentes locais coma as de fóra. A bifurcación, que distingue entre a Arousa e o resto da masa continental europea, ten a súa graza, ao deixar en terra de ninguén a pequena illa, unha condición que, por outra banda, casa moi ben co sentimento romántico da poboación insular de estar a vivir nun lugar á parte, no que rexen as leis ‘daquela maneira’. Durante anos foron estes os únicos sinais de indicación para abandonar ou entrar na illa, mais co paso do tempo engadíronse outros carteis máis modernos e precisos. O caso é que os antigos sinais continúan erguidos aínda que nun estado de abandono e deterioro. Preguntámonos se valería a pena restauralos e rescatalos para o noso patrimonio urbano, do mesmo xeito que algunhas cidades deciden conservar carteis, rótulos e outros grafismos singulares que adquiriron un es...

E por fin, as pistas de tenis

Imaxe
A devecida pista de tenis, en Testos Detalle da instalación [Redacción] A campaña de pintadas nas rúas que reclamaba a construción dunhas pistas de tenis na Arousa resultou eficaz, vistos os resultados. As novas instalacións deportivas, situadas a carón do campo de fútbol Salvador Otero, xa son unha realidade. Nas imaxes poden ver o estado actual da pista, a piques de ser inaugurada. Ao parecer, tamén servirá para xogar ao baloncesto, unha vez montadas as correspondentes canastas.

O Concello anuncia un contencioso contra o POL

Imaxe
[Redacción] O Concello da Illa de Arousa recorrerá á última vía que lle queda para opoñerse ao Plan do Litoral ( POL ), os tribunais. O alcalde, José Manuel Vázquez, anunciou a semana pasada que interporá un contencioso-administrativo contra as novas directrices que regulan a construción na costa, ao considerar “que vulneran e quitan dereitos adquiridos polos veciños e veciñas da Illa de Arousa”. O POL reduce as hectáreas urbanas da illa, especialmente na zona sur , onde se localizan a maior parte dos solos considerados incompatibles. A Xunta rexeitou todas as alegacións presentadas polo Concello, ao estimar que a porcentaxe de transformación urbana prevista non garantía os valores de sustentabilidade e conservación paisaxística.

Gallego Jorreto rehabilitará a casa do Campaneiro para os xubilados

Imaxe
  Representantes dos xubilados, o alcalde e mais Gallego Jorreto, fronte á casa do Campaneiro [Redacción] O arquitecto Manuel Gallego Jorreto, autor do proxecto da Casa do Concello, do multiusos e da recuperación do peirao de pao e da fábrica de Goday, vai ser o encargado de dirixir a rehabilitación das casas do Campaneiro e de Dona Tomasa, as vivendas modernistas adquiridas recentemente polo Concello. Acompañado do alcalde, José Manuel Vázquez, Gallego Jorreto visitou a zona e quedou “gratamente sorprendido” coas casas, segundo informaron fontes municipais. Na visita tamén o acompañaron os representantes do club de xubilados, que verán satisfeita a súa vella demanda de contar cun espazo propio, xa que o Concello decidiu cederlles para o seu uso a Casa do Campaneiro. As obras serán financiadas polo Ministerio de Fomento.

A teima de Vilanova coas luces da ponte

Imaxe
Imaxe da ponte ás escuras, tomada hai unhas semanas [Susi Rial] A mediados de febreiro, comezaba a funcionar o alumeado da ponte na súa totalidade, logo das longas obras de reforma. Era este un momento moi agardado por todos, posto que os farois estaban colocados dende finais do verán. Pero antes de ver unha ponte totalmente alumeada, vimos, unha vez máis, como os farois da metade de Vilanova permanecían apagados. A situación foi criticada incluso por Jeanne Picard, representante de Stop Accidentes en Galicia, porque a escuridade da ponte comprometía seriamente a seguridade dos seus usuarios. O Concello vilanovés fixo responsable do apagamento á empresa construtora, pero esta asegurou ter deixado todo preparado para que se acendera o alumeado. E a Compañía de Electrificación aínda foi máis contundente, ó declarar que só era necesario premer un botón. A imaxe da ponte ás escuras é unha estampa coñecida na Illa. Hai agora unha década, Vilanova xa deixou de acender o alumeado da metade ...

Magnolios, unha mala elección

Imaxe
 O Concello está a substituír os magnolios por laranxeiros silvestres [Susi Rial] Hai agora 25 anos, a construción da ponte fixo obrigatorio o adorno da avenida de entrada na Illa, e para tal propósito, escolléronse magnolios. A elección non puido ser máis desacertada e hoxe en día estase a pagar coas consecuencias. Non hai moito, o Concello anunciaba a substitución dos magnolios por laranxeiros silvestres, de maneira gradual. Non cabe dúbida de que o magnolio é unha árbore moi fermosa, polo que é moi apreciada en xardinería. Pero os mesmos botánicos aconsellan que, cando se trata dun xardín, se plante o magnolio a unha distancia prudencial das vivendas. O seu crecemento é imparable, podendo chegar a medir ata 30 metros. Os da Avenida da Ponte, polo tanto, son magnolios aínda pequenos. Aínda así, as súas raíces fortes e duras estaban comezando a levantar as beirarrúas e as súas ramas xa estaban a "acosar" algunhas ventás. Non é de estrañar que a súa substitución sexa unha ...

O faro, exemplo de feísmo para La Voz

Imaxe
O faro, nunha tarde de verán [Susi Rial] O xornal La Voz de Galicia , dentro da súa galería de fotos dedicada ás paisaxes máis surrealistas que podemos atopar ó longo da nosa xeografía, incluíu recentemente o faro da Illa de Arousa. Beirarrúas en mal estado, fantásticas paisaxes atravesadas polo tendido eléctrico, cruceiros asoballados por casas de nova construción... son só algúns dos exemplos que conviven co faro, ó que podemos ver na foto número 11 de “ novos exemplos de feísmo galego ”. O que se denuncia en concreto é o recheo de cemento arredor de todo o faro co único propósito de instalar alí un posto de praia. Algo que o pé de foto non dubida en denominar como un "exemplo sangrante" do feísmo galego.

Pisos pantasma

Imaxe
Pisos á venda na Avenida da Ponte [Susi Rial] A aprobación do PXOM na Illa de Arousa, en febreiro de 2002, marca o inicio dun proceso de construción masiva. O ordenamento do urbanismo na Illa daba lugar á posibilidade de edificar e moitos construtores, promotores e inmobiliarias non tardaron en sentirse atraídos polo potencial da nosa Illa. O fenómeno da "burbulla inmobiliaria" tamén tivo lugar aquí, e o seu resultado é un exceso tal de oferta de vivenda, que non pode ser abarcada polo mercado. A consecuente crise económica mundial chegou a finais de 2007, chegando a fin do proceso. Cabe preguntarnos qué ocorrería se este fenómeno durase máis tempo, chegaría a converterse a Illa nunha vila pantasma?. Polo momento, quedounos unha morea de pisos inhabitados, eternamente á venda. Edificios enteiros cheos de frialdade e de eco retumbando. Sen cortinas, sen luces prendidas, sen nada. Poderíase pensar que isto débese á época do ano na que estamos, na que case non hai turistas. Per...

As novas rotondas

Imaxe
Rotonda en obras, no acceso á ponte [Susi Rial] Nun período de tempo non moi grande, pouco máis dun ano e medio, e nun traxecto non moi longo, dende a ponte ata as Laxes, o ordenamento viario viuse modificado coa implantación de, nada menos, que tres rotondas. A súa presenza obrígalles ós vehículos a controlar a velocidade, e mellora a fluidez do tráfico, evitando incómodos semáforos. E, sen dúbida, contribúe a unha nova percepción do territorio.

A favor da peonalización

Imaxe
[Redacción] Dos 24 votos recibidos na última enquisa sobre unha hipotética peonalización do centro urbano da Arousa, un 70% amosouse partidario desta posibilidade. E case un 30% votou en contra. Entre os argumentos favorables que os lectores expuxeron nos comentarios, destacan a solución de problemas como a conxestión do tráfico no verán ou a perigosidade que supón camiñar por certas rúas estreitas, nas que os peóns apenas teñen espazo. Iso si, os comentaristas tamén recoñecen que é un proceso complexo, que requirirá da construción de aparcamentos e do deseño de alternativas de tránsito que faciliten a entrada e a saída da illa.

Ponte ou viaduto?

Imaxe
  Así imaxinaban a ponte nun folleto de finais dos 70 [Susi Rial] Nos anos sesenta, os arousáns imaxinabamos que a nosa desexada ponte estaría sostida por arcos, ó gusto das antigas pontes romanas. Na festa da ponte de 1979, imaxinouse unha ponte colgante, quizais debido á influencia da ponte de Rande. Pero agora, 25 anos despois da súa inauguración e a piques de rematar a súa primeira gran reforma, que ocorrería se nos dixeran que o noso gran triunfo non é unha ponte, senón un viaduto? Pois todo semella indicar que así é.

25 anos non son nada

Imaxe
Un momento das obras de construción da ponte [Susi Rial] O 14 de setembro de 1985 cambiou a vida irremediablemente da xente da Illa de Arousa. A nova existencia do acceso rodado á Illa traería consigo unha nova percepción xeográfica. Antes o Bao daba a sensación de estar lonxe, moito máis lonxe do que está agora. Era un espazo enlamado que semellaba non formar parte da Illa, porque era coma un mundo aparte. A súa contribución foi vital para cumprir o vello soño da ponte.

Os actos do aniversario da ponte

Imaxe
O cartel da festa de aniversario Fonte: A Illa dos Carcamáns [Redacción] O Concello da Illa de Arousa celebra do 14 ao 18 de setembro o 25º aniversario da construción da ponte, cunha programación de actividades que inclúe concertos, unha mostra fotográfica sobre os momentos clave da infraestrutura (as reivindicacións populares, a primeira pedra e a inauguración) e unha mesa redonda na que intervirán Sito Vázquez e outros membros da “comisión pro-ponte” de 1979. Os festexos chegan nun momento no que a ponte está a experimentar a maior reforma da súa historia, consistente na reparación dos elementos estruturais e na ampliación da plataforma viaria. As obras, valoradas en 14 millóns de euros, está previsto que rematen a comezos do vindeiro ano.

Habemus fonte

Imaxe
A nova fonte de pedra do Charco, instalada esta mañá O barrio do Charco estrea fonte, logo de máis de tres anos de espera. A recuperación da fontenla é un logro veciñal, que pode servir de exemplo para outros rueiros preocupados polo seu patrimonio. Así seguimos os acontecementos desde na illa : - Quedamos sen fonte   (xaneiro 2008) - Os veciños defenden un símbolo do Charco (agosto 2008) - Activismo cidadán (xullo 2009) - E agora aparece un ramo (xullo 2009) - A fonte que si existiu (xullo 2009) - As fotos da illa dos carcamáns (maio 2010)

Arquitectura de vangarda da Illa de Arousa

Imaxe
[Susi Rial] Os seus teitos nin son triangulares nin teñen tellas. Non están construídas de ladrillo nin están revestidas coa pedra convencional. Sinxelamente, son casas que nada teñen que ver coas que habitualmente viñan enchendo os escenarios da Illa. A construción dunha casa case sempre supón a inversión máis importante da vida e este pode ser un dos motivos polo que incluír innovacións no seu deseño, adoita ser unha decisión difícil de determinar. As casas como estas defínense polo seu deseño minimalista e o seu gran sentido da funcionalidade. Un dos precursores deste estilo foi o arquitecto Walter Gropius, fundador da escola Bauhaus en 1919. Os arquitectos da Bauhaus utilizaban como principais materiais o formigón, o vidro e o aceiro e nos seus deseños predominaban as formas simples e as liñas rectas nos edificios. Pero a Illa non só conta con deseños innovadores nas casas de particulares. Nos últimos anos vén sendo toda unha referencia na arquitectura debido á construción de edi...

Os usos efémeros da nova estrada do Chufre

Imaxe
Ciclistas gozando da estrada en obras [Susi Rial] Dende hai xa algúns anos, as obras de construción da nova estrada do Chufre son un tema polémico, discutido e moi negociado. Tivo que pasar por riba de elevados custos, tanto económicos como medioambientais, así como das mobilizacións veciñais de aqueles que máis tiveron que sacrificar polo ben común. Pero hoxe, a estrada que une o Bao co peirao do Chufre é xa unha realidade. Tanto, que se estima que despois do verán se abrirá ó tráfico e serán 7.800 coches ó día os que retirará das estreitas e tortuosas rúas da Illa. Pero mentres non chega ese momento, a nova estrada xa está a ser utilizada. Coa chegada do bo tempo e durante a fin de semana, cando cesa o ruído das máquinas e os berros dos obreiros, a nova estrada convértese nun traxecto privilexiado para todo tipo de paseantes. Nenos en bicicleta que van á praia, xente facendo deporte,... e todo tipo de usuarios que poden admirar, ó longo de tres quilómetros, unha perspectiva da costa...

Un carril bici diante da porta

Imaxe
Imaxe collida de Dorna A Escola de Navegación Tradicional Dorna quéixase a través do seu blog do trazado do novo carril bici, que xusto lles pasa por diante  da caseta na que gardan os aparellos. Por outra banda, o vindeiro sábado iníciase na Arousa a tempada oficial de regatas de dornas a vela, coa celebración do VI Trofeo Fasquía , a primeira proba puntuable para o campionato galego.

A nova ponte

Imaxe
A pontiña foi incluída no trazado para minimizar o impacto  da estrada na lagoa estacional  da Braña da Veiga Tal e como lles adiantabamos hai uns días , temos nova ponte na illa, aínda que desta vez, non é para salvar masas de mar, senón de auga doce. Agardamos unhas beirarúas xenerosas para o peóns, non como as que tiña a ponte de entrada e saída á Arousa, que agora está a ser reformada, entre outras razóns, para ampliar o espazo destinado aos camiñantes.

A reclamada rotonda das Laxes

Imaxe
Custou, pero á fin xa está en execución a rotonda das Laxes, unha obra demorada e moi esperada polos veciños. A ver que lle poñen enriba.