A primeira imaxe amosa o estado do Portiño en agosto de 2010. Contemplo a foto do antes e apéname pensar na oportunidade que se perdeu en 2017 (as obras que amosa a segunda imaxe) de rehabilitar unha praíña con porto en pleno centro urbano. O que temos agora é unha grande terraza de formigón que se eleva máis dun metro sobre o nivel do mar e cun único acceso á praia mal planificado e deseñado.
O muro debería estar máis retirado para atrás para deixarlle espazo á praia e á súa vexetación costeira. E as escaleiras deberían situarse máis arriba e cara a dereita, para poder acceder ao areal cando sobe a marea. Nas preamares sempre houbo momentos nos que non era posible atravesar o Portiño en seco pero co acceso de agora a cousa complícase. Aínda non chegou o mar arriba e xa non se pode baixar á praia porque as escaleiras xa están somerxidas, tal e como se pode ver na terceir imaxe.Quen deseñou a obra non atravesou nunca a praíña nin sabe que antes a rapazada xogaba nos cons
Saben que faría eu, se estivese na miña man? Corrixiría esta obra retirando o paseo para atrás, logo restauraría a liña de costa desde o Portiño ata a Salga, e retiraría todos os restos de entullo ciscados pola area. Limparía os cons de piche e buscaría unha solución para integrar os canos de pluviais dunha maneira máis amable. E logo, daríame un baño no Portiño.
Comentarios
Publicar un comentario
A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A administración do blog eliminará os comentarios que estime conveniente.