Nova conserva de mexillón con selo de orixe
Conserva co logo do Mexillón de Galicia, adquirida nunha oferta dun supermercado [Redacción] Pouco a pouco, vaise ampliando o catálogo de conservas de mexillón que apostan pola denominación de orixe galega. Unha das últimas novidades do mercado é esta terrina de mexillóns cocidos, envasada e comercializada por unha empresa da Arousa, Pescadona . Este produto súmase aos preparados das factorías Cermar e Boiromar , entre outras, que tamén locen o distintivo impulsado polo Consello Regulador do Mexillón de Galicia.