O pub Con do Moucho vén de estrear un fermoso mural de reminiscencias oníricas, obra do artista compostelán Pablo Sexto. A pintura mural está dividida en dúas partes: a de maior superficie mostra un moucho, símbolo do local, nunha árbore, e algúns elementos que identifican a Arousa, unha ponte, un faro, unhas dornas navegando, os montes no horizonte... O mural máis pequeno recrea unha paisaxe urbana, na que conviven modernos rañaceos e antigas chemineas das fábricas conserveiras.
Moi chulo o mural do Moucho!! Invitados estades todos a que pasedes a velo en directo!!
ResponderEliminarmellor aínda: podedes velo con música en vivo i en directo!! este sábado hai foliada con motivo do día das letras galegas!
ResponderEliminar