Probablemente, o posto máis suculento do mercado

Joaquín "o dos queixos" conta cunha clientela fiel na Arousa Unha das súas especialidades son os queixos Queixos tenros e curados, marmelos, chourizos, fariña milla, pan de centeo con uvas pasas, licor café, crema de caña... Cada sábado, Joaquín de Caldas de Reis ofrece no mercado da Arousa a súa mellor selección dos produtos do país. Engada á clientela, dálle a probar o xénero, ponlle quilo e medio a quen lle pide medio quilo, e sempre ten un agasallo co que recompensar as boas compras.