Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta talasonimia

Guía da toponimia da Illa de Arousa

Imaxe
  Do Campelo a Carreirón: guía da toponimia   da Illa de Arousa é o resultado de tres anos de investigación de campo, que incluíu numerosas entrevistas con mariñeiros e veciñanza da Arousa, así como a revisión sistemática de catastros, cartas náuticas, cadernos de marcas e documentos do mosteiro de San Martiño Pinario. O libro reúne a explicación de 600 topónimos do mar e da terra, que identifican realidades xeográficas diversas. Destaca no conxunto a información sobre os talasónimos, pois ofrécense datos novidosos e inéditos sobre a forma de nomear os acidentes do mar. A guía foi editada pola Asociación Cultural Dorna da Illa de Arousa, co apoio económico da Deputación de Pontevedra. Presentouse en decembro de 2025 e distribuíuse gratuitamente. A versión dixital en pfd pode consultarse na rede.  

Talasonimia da Arousa

Imaxe
[Redacción. 17/03/09 ] 17/03/09 Aquí presentamos, por orde alfabética, a listaxe provisional e en construción permanente dos talasónimos da illa de Arousa. Poden deixar as súas achegas, críticas e ideas para completar a listaxe a través dos comentarios. A -Abilleira : praia. Tamén existe "Abilleira pequena". -Aguiuncho : praia. O nome provén de aguia -Aguillón , punta -Alcansón grande: fálase de "pedras do Alcansón". -Alcansón pequeno -Area da Secada: ( imaxe ) praia do norte da illa -Areoso: ( imaxe ) illote constituído maioritariamente de area, que pertence ao termo municipal da Illa de Arousa. Nel atopáronse restos megalíticos. -Arnela, punta: do latín, arenella. Denomínase así as praias situadas na desembodura dun río ou regato -Arruda , punta

Que é o proxecto talasonimia da Arousa?

Nos 36 quilómetros de costa da illa existen moitos lugares con denominación de seu. Os nomes das praias, dos cons, dos caladoiros, das masas marítimas, dos cabos e das zonas rochosas tamén forman parte do patrimonio de todos os arousáns. Foron eles os que, ao longo da historia, foron transmitindo eses nomes de xeración en xeración, como pequenos tesouros orientativos, pistas que resumen o saber popular sobre o lugar. Temos talasónimos referidos á fauna (aguiuncho, niño do corvo), a antigos usos (a salga), ao producto que se obtén deles (a praia do peixe), ás características da paisaxe (Areoso...). Tomando como inspiración a recente publicación do libro Talasonimia da Costa Sur de Galicia , do arqueólogo Xosé Lois Vilar Pedreira, desde este blog propoñémonos recuperar e clasificar as denominacións que recibe o mar na Illa de Arousa, dunha xeito público e colectivo. Partimos dunha relación de 55 talasónimos, coa intención de ir ampliando e completando listaxe , coa colaboración, a tr...