Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xullo 26, 2009

Así ensaiaron

Nomes e voces: as vítimas da Arousa

Imaxe
Fragmento dunha imaxe do álbum "Debuxos da Guerra", de Arturo Souto Xa está publicado na rede o primeiro censo de represaliados en Galicia entre 1936 a 1939, no que figuran varios veciños da Arousa. A base de datos forma parte dunha investigación histórica máis ampla, denominada "Nomes e Voces", iniciada no 2006 a través dun convenio das tres universidades galegas coa consellería de Cultura, co obxectivo de estudar a represión durante a guerra civil. Na listaxe aparecen as seguintes vítimas, segundo se busque por nacemento ou por veciñanza: Nacidos na Arousa : os irmáns Antonio e Juan Sanes Otero, Luis Castro Lojo, Francisco Vázquez Vázquez, todos eles paseados; Manuel Chaves Dios (preso), Narciso Suárez Lojo (executado) e Victoriano Bóveda Iglesias (procesado). Con veciñanza na Arousa : os mestres Antonio Gestal (sancionado) e Luis de Saa (preso), Avelino Fuentes (procesado); Benito Allo Cores, Juan Rial García, Luis Bóveda Iglesias (presos); José Besada Nieto (ex...

O monumento de Fraga

Imaxe
Placa de inauguración do paseo do Cantiño De todos é coñecida a pouca estima que Manuel Fraga lle profesou ao pobo da Arousa; segundo a lenda popular, a raíz dun desaire que sufriu en 1985, durante a inauguración da ponte, sendo presidente de Alianza Popular. As sucesivas victorias socialistas na illa non deberon axudar a amainar o rancor do de Vilalba, quen no seu longo mandato á fronte da Xunta non só rareou os investimentos locais, senón tamén as súas aparicións. Fraga visitou a illa en escasas ocasións, e sempre dun xeito rápido e sen moita publicidade. Un día, anos despois da inauguración do paseo marítimo do Cantiño, erixiron este triste e aparatoso monumento-placa co seu nome estampado. Non o estreou no seu tempo, nin coa cerimonia que a el lle gustaría. Pero aí quedou o armatoste para a posteridade.

Máis tipos de carreiros

Imaxe
Para marcar o camiño no miradoiro da Bouza, creado o ano pasado , optouse por unha solución de baixo impacto ambiental.

Lastra por todas partes

Imaxe
O carreiro que atravesa o piñeiral de Con Cerrado foi pavimentado con pedra Semella que a lastra é a solución construtiva preferida para pavimentar as rúas do centro da illa, e tamén para urbanizar os carreiros entre os piñeiros, como este que ven na imaxe que comunica a rúa de Con Cerrado (onde están os cámpings) coa praia do mesmo nome. Non sería máis axeitado, nun contorno natural, unha plataforma de madeira?

A reforma da ponte

Imaxe
A ampliación da ponte foi aprobada pola Consellería de Política Territorial do goberno bipartito As obras supoñen "unha posta a cero", cunha durabilidade prevista de 50 anos Unha das obras de maior envergadura que se están acometendo actualmente na Arousa é a reforma da ponte, cun orzamento de 14 millóns de euros. A actuación consiste na reparación dos elementos construtivos deteriorados e na mellora do acceso para os peóns e os ciclistas, xa que a plataforma actual só dispuña dunha estreita beirarrúa en ambos os dous sentidos. A afluencia turística unida á obrigada necesidade de cortar o carril no punto das obras está a ocasionar retencións de tráfico nas fins de semana.