Xa está publicado na rede o primeiro censo de represaliados en Galicia entre 1936 a 1939, no que figuran varios veciños da Arousa. A base de datos forma parte dunha investigación histórica máis ampla, denominada "Nomes e Voces", iniciada no 2006 a través dun convenio das tres universidades galegas coa consellería de Cultura, co obxectivo de estudar a represión durante a guerra civil. Na listaxe aparecen as seguintes vítimas, segundo se busque por nacemento ou por veciñanza:
Nacidos na Arousa: os irmáns Antonio e Juan Sanes Otero, Luis Castro Lojo, Francisco Vázquez Vázquez, todos eles paseados; Manuel Chaves Dios (preso), Narciso Suárez Lojo (executado) e Victoriano Bóveda Iglesias (procesado).
Con veciñanza na Arousa: os mestres Antonio Gestal (sancionado) e Luis de Saa (preso), Avelino Fuentes (procesado); Benito Allo Cores, Juan Rial García, Luis Bóveda Iglesias (presos); José Besada Nieto (executado), José Búa Laredo, Marcelino Dacosta Bravo (paseados). E Santiago Otero Pajares, que foi paseado e fondeado na ría e consta como “desaparecido”.
O censo tamén inclúe a Esteban Picón, asasinado e botado ao mar no Aguiuncho, aínda que non aparece relacionado directamente coa Illa de Arousa.
Poden enviar correccións e nova información para completar a base de datos a través do correo: memoriaguerracivil@usc.es
Unha vez máis, sobre este tema, remitímolos á canción Mártires de Arousa.
A ver si me explicades porque non o entendo, houbo 2 Santiago Otero?
ResponderEliminarTal e como ven redactado parece unha incongruencia.
Pajares non é o mismo Santiago Otero que consta na relación?
ResponderEliminarTes razón, é un erro, Pajares si aparece na base de datos. O que ocorre é que consta como "Santiago Otero", sen indicar o segundo apelido, e ao buscar por "Pajares" non dá ningún resultado, de aí a confusión. Xa está corrixido, grazas.
ResponderEliminar