Publicacións

Mostrando publicacións desta data: marzo 8, 2009

Conservas con selo de calidade

Imaxe
Mexillóns en escabeche, un clásico, agora coa etiqueta da orixe Esta é, de momento, a primeira conserva lanzada ao mercado coa etiqueta da denominación de orixe protexida Mexillón de Galicia. Elabóraa en Cambados a empresa Cermar, que xa colocou en máis dun cento de supermercados as tres receitas que produce: en escabeche, á vinagreta e á galega. A forma de presentación do mexillón é innovadora, en bandexa de plástico e con envase transparente, para que entre polo ollo.

O vertedoiro da vergoña

Imaxe
Panorámica do Mallón, na zona de Gradín O deterioro da paisaxe é evidente A praia utilízase como vertedoiro de lixo Os verquidos comezaron hai aproximadamente tres anos Continúa impunemente e imparable o proceso de degradación da costa de Gradín. O Mallón, a praia á que acudían nos anos noventa os mozos a celebrar a noite de San Xoán, rematou convertida nun vertedoiro municipal de lixo. Logo de tres anos de verquidos e queimas, a zona presenta un deterioro evidente e incomprensible. Engadimos máis preguntas ás formuladas no 2007 . No caso dos vertedoiros, non se aplica a lei de costas? Para que ten o Concello un punto limpo? Onde están os grupos ecoloxistas da illa?

As centolas tamén sofren

Imaxe
Asomando as patas, cando a auga comeza a ferver O marisco cócese vivo. A ninguén lle gusta morrer queimado Non estamos afeitos a poñernos no lugar das centolas, pero elas tamén sofren. Cando aínda viva, a centola nota que a auga comeza a queimarlle, revólvese dentro da tarteira, e pode chegar a levantar o testo no seu inútil intento de fuxida. Se non souberan tan ben...

Reciclamos todos

Imaxe
Este cartel forma parte dunha campaña emprendida polo Concello da Illa de Arousa no 2008 para fomentar a reciclaxe de lixo urbano.

Chufre ou Xufre?

Imaxe
Ata onde chega a memoria popular, o peirao do Cantiño sempre foi coñecido como o “Chufre”. E as xentes da illa cando falan do porto pronuncian “Chufre”, con che. Así e todo, na normativa oficial da lingua foi adoptada a denominación “Xufre”, con xe, e así aparece nos carteis indicadores e na documentación institucional da illa. É común nalgunhas linguas o cambio fonético do “x” polo “ch”, por exemplo, como lles ocorre aos castelán falantes que descoñecen a fonética do galego, que ás veces pronuncian “ch” no lugar de “x”: “cha vou”. Así, podería pensarse que a adopción da forma “Xufre” en substitución de “Chufre” responde a unha intención de re-galeguización do nome, entendendo que a xente pronuncia mal. Tendo en conta que a poboación arousá comunícase maioritariamente en galego e non presenta este tipo de confusións na fala, o cambio ortográfico é cuestionable. A denominación singular do topónimo tamén pode ter contribuído ao erro. En todo caso, sería interesante coñecer a súa ori...