Todos os nomes
A Consulta-O Cortixo [Susi Rial] Adoita pasar na Illa que os donos non lles elixen os nomes ás cousas, senón que son os nomes os que os escollen. Ou, mellor dito, a xente. Aí está o caso do Cortixo. Quixo a casualidade que o seu local fose durante moitos anos a consulta do médico. E de aí, o bocadillo de pinchos sempre se foi buscar á Consulta e nunca máis ó Cortixo. Ou o caso do Saratoga. É un dos bares máis antigos da Illa e o seu polbo é moi apreciado entre os nosos visitantes. Pero os seus incondicionais sempre che proporán ir tomar unha chiquita ó Bar Suso. Mención especial merecen os bares atendidos por mulleres. Neses casos, os alcumes preferidos son os nomes de dúos musicais femininos, ó estilo de "As Ghrecas" ou "Asúcar Moreno". Por que ocorre isto? Quen sabe! Quizais é debido á nosa memoria colectiva, que nós mesmos asumimos como a maior das sabedorías. Por iso, cando a unha persoa de certa idade lle digas, "vou ata o Moucho", pode que che mire...