Publicacións

Mostrando publicacións desta data: febreiro 20, 2011

A teima de Vilanova coas luces da ponte

Imaxe
Imaxe da ponte ás escuras, tomada hai unhas semanas [Susi Rial] A mediados de febreiro, comezaba a funcionar o alumeado da ponte na súa totalidade, logo das longas obras de reforma. Era este un momento moi agardado por todos, posto que os farois estaban colocados dende finais do verán. Pero antes de ver unha ponte totalmente alumeada, vimos, unha vez máis, como os farois da metade de Vilanova permanecían apagados. A situación foi criticada incluso por Jeanne Picard, representante de Stop Accidentes en Galicia, porque a escuridade da ponte comprometía seriamente a seguridade dos seus usuarios. O Concello vilanovés fixo responsable do apagamento á empresa construtora, pero esta asegurou ter deixado todo preparado para que se acendera o alumeado. E a Compañía de Electrificación aínda foi máis contundente, ó declarar que só era necesario premer un botón. A imaxe da ponte ás escuras é unha estampa coñecida na Illa. Hai agora unha década, Vilanova xa deixou de acender o alumeado da metade ...

O ex alcalde Sito Vázquez revela como se preparou o 23 F na comarca

Imaxe
[Redacción] Nun relato con datos sorprendentes e ata o de agora inéditos, o ex alcalde  socialista do Concello de Vilanova, Sito Vázquez, mestre xubilado da Illa de Arousa, descobre no seu blog como se preparou na comarca o golpe de Estado do 23-F. Tras conectar varios acontecementos que no seu tempo considerou illados, Vázquez mantén a teoría de que se planificou un levantamento civil, a través dunha trama na que estaban implicados os contrabandistas da época, o xeneral Armada e o cura de Cambados. Segundo explica, sendo alcalde puido saber por unha fonte da súa confianza que en decembro de 1980 se produciu unha descarga no Terrón, pero non de tabaco, como viña sendo habitual, senón de fusiles. Ao parecer, o armamento foi trasladado á casa parroquial de Cambados. Dáse a coincidencia de que o párroco cultivaba amizade co xeneral Armada,  asiduo visitante de Fefiñáns, onde, ademais, o militar tiña parentes. Así, de acordo coa tese de Vázquez, uns meses antes de se produci...

Marcos Nine busca novos camiños creativos

Imaxe
[Redacción] Seguindo a estela do proxecto arxentino La Brecha , Marcos Nine experimenta cos materiais no seu último filme, probablemente a creación máis arriscada do autor ata o momento. La Brecha parte da idea de que todas as persoas que realizan tarefas creativas, co paso do tempo, acaban traballando de forma predecible e mecánica, polo que cómpre buscar novos camiños e novos métodos aos que nunca se chegaría 'tirando de oficio'. Con esta idea, Nine pechouse o pasado Nadal no seu obradoiro da Arousa e someteu material de película super 8 e 16 mm a distintos procesos, degradando o filme con óxido, lixivia e pintura. Os primeiros resultados da montaxe  xa están dispoñibles no youtube.

Os resultados da enquisa: coroamos o pan de ovos

Imaxe
[Redacción] Unha vez pechadas as votacións da enquisa para elixir o prato máis representativo da Arousa, non nos queda outra que coroar o pan de ovos como o rei gastronómico da ínsula. A repostería carcamana impúxose a outras opcións como o polbo cocido con patacas (fervidas na mesma auga do cefalópodo), un prato tamén coñecido baixo a marca turística e de vocación exportadora, “estilo illa”. O ghaspacho de chícharos resultou unha opción pouco votada, probablemente por pouco coñecida, e sorprende que obtivera menos apoios que a caldeirada de rinchas en escabeche. A rincha é un peixe abundante, así que hai moito comensal local aburrido dela. Agora só falta que os que votaron “outra” opción, nos digan cales eran as súas propostas.

Entrevista a Juan José González, candidato do PP á alcaldía

Imaxe
Juan José González, candidato do Partido Popular á alcaldía [Redacción] Desde que a Illa se segregou de Vilanova e constituiu un Concello de seu, en 1997, o PP non conseguiu gobernar na Arousa. Actualmente conta con catro concelleiros na corporación municipal, onde desenvolve unha activa oposición ao seu máximo rival, o PSOE. O líder do grupo Popular, Juan José González, confía en que o desgaste do grupo de goberno socialista lle permita alcanzar en maio a alcaldía. Así nolo conta nesta entrevista, coa que continuamos a serie de conversas cos alcaldables iniciada a pasada semana.