Os resultados da enquisa: coroamos o pan de ovos


[Redacción] Unha vez pechadas as votacións da enquisa para elixir o prato máis representativo da Arousa, non nos queda outra que coroar o pan de ovos como o rei gastronómico da ínsula. A repostería carcamana impúxose a outras opcións como o polbo cocido con patacas (fervidas na mesma auga do cefalópodo), un prato tamén coñecido baixo a marca turística e de vocación exportadora, “estilo illa”. O ghaspacho de chícharos resultou unha opción pouco votada, probablemente por pouco coñecida, e sorprende que obtivera menos apoios que a caldeirada de rinchas en escabeche. A rincha é un peixe abundante, así que hai moito comensal local aburrido dela. Agora só falta que os que votaron “outra” opción, nos digan cales eran as súas propostas.

Comentarios

  1. Está claro que o mellor é o pan de ovos e débese de faser en moi poucos sitios pq cando eu falo dél do puente pa alá non o conosen. O do polbo coas patacas cocidas na auga xa é moi famoso e tés rasón cando dis que xa estamos fartos de rincha inda que sije habendo quen lle dá moito mérito e o jaspacho non creo que sea máis descoñesido senón que eu penso que non se lle dá moito mérito.
    Por serto probei a faser a reseita do pan de ovos que coljaron aquí os internautas e noto que lle falta aljo de doce e non me saleu moi esponxoso debería ter máis buratiños. Aljén sabe como podo faser? Ó final comérono as jaliñas, desde que serrou Pacholo non volvín comer pan de ovos, como o voto de menos. Outra cousa comentaronme que hai levadura de panadería doce para postres pero preguntei en varias panaderías e dín que non saben. Será por botarlle levadura normal ou mentíronme cando me falaron da existencia da levadura doce?

    ResponderEliminar
  2. Non creo que haxa levadura doce,si cadra refirense á levadura de panaderia en pó de Maizena que vai moi ben.O pan de ovos telo que amasar moi ben e deixalo levedar moito tempo,sin presa.

    ResponderEliminar
  3. Sijo estrajando masa03/03/11, 11:13

    Jope pois volvino faser deixando levedar toda a mañan fasendo o bolo a mediodía e deixandoo levedar toda a tarde e ten buratiños pero non me sae esponxadiño, é demasiado denso, os buratiños deberían de abrir máis, e quédame unha codia dura por riba. Polo menos xa vai sabendo mellor jeje

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A administración do blog eliminará os comentarios que estime conveniente.