Buscar neste blog

25 de feb. de 2011

A teima de Vilanova coas luces da ponte

Imaxe da ponte ás escuras, tomada hai unhas semanas

[Susi Rial] A mediados de febreiro, comezaba a funcionar o alumeado da ponte na súa totalidade, logo das longas obras de reforma. Era este un momento moi agardado por todos, posto que os farois estaban colocados dende finais do verán. Pero antes de ver unha ponte totalmente alumeada, vimos, unha vez máis, como os farois da metade de Vilanova permanecían apagados. A situación foi criticada incluso por Jeanne Picard, representante de Stop Accidentes en Galicia, porque a escuridade da ponte comprometía seriamente a seguridade dos seus usuarios. O Concello vilanovés fixo responsable do apagamento á empresa construtora, pero esta asegurou ter deixado todo preparado para que se acendera o alumeado. E a Compañía de Electrificación aínda foi máis contundente, ó declarar que só era necesario premer un botón. A imaxe da ponte ás escuras é unha estampa coñecida na Illa. Hai agora unha década, Vilanova xa deixou de acender o alumeado da metade da ponte que lle corresponde por territorialidade, o que deu lugar á mobilización veciñal. Ducias de veciños acudían ó Bao con candís para reclamar a luz da ponte todos os venres pola noite. Pode que desta vez as presións foran maiores e de máis contundencia, e finalmente Vilanova volveu acender as luces. En todo caso, só nos queda alegrarnos pola entrada en razón do Concello de Vilanova, e desexamos que sexa esta unha actitude que dure para sempre.

10 comentarios:

  1. Ducias de veciños????

    ResponderEliminar
  2. Nº1. Cantas ducias, "lo'", segundo ti?

    ResponderEliminar
  3. Eu non entendo esa mania de meterlle luz ao ponte.
    Non está xa debidamente senhalizado polos de carreteiras? non hai bandas reflectantes para os ciclistas e peatons nocturnos? Os vehículos non levan as suas luces?
    Si é polo que poida pasar, eu que sei, que se establezca un protocolo para activar as farolas por si un coche fai mergullo pola noite e arreglado. Venha, saude!

    ResponderEliminar
  4. a min pareseme unha total locura!

    fun unha ves pola ponte en bisicleta sin lus e asejurovos que non e que se dija sejuro!

    i fan carril bisi e pa que se use, polas bisicletas!!!!

    duran esta ahi sentado no seu sillon mandando apajar as luses hasta que pase un carallo pa despois disir, uy sintooo!

    que se deixen de tonterias e fajan o traballo po que se lles paja!

    ResponderEliminar
  5. Eu aposto a que de aquí a uns meses vólveas apajar como fixo sempre. Así funsiona a política, coma os rapasiños: ala, ahora apajovos a lus!
    Pois a min pareseme moi fuerte e moi insejuro xa é flipante que non houbera carallos estando tanto tempo como estuvo en obras e con peña ijualmente cafre pq o de ir a 70 e o de non adiantar pásao todo dios polo forro. E de que estuvo acabadiño, e non é moi ancho que dijamos, hasta que puxeron as luses inda pasou tempo.
    Home está claro que nas autopistas tampouco hai lus e vaise ben, pero o puente non ten nada que ver.

    ResponderEliminar
  6. Non sei a vós, pero a min paréseme que como se vaia un coche contra un petouco do carrilbici, non é que haxa un carallo, e que van pa o carallo o do coche e o da planeadora que pase por debaixo.

    ResponderEliminar
  7. jaja,eso seria de pelicula americana total

    ResponderEliminar
  8. totalmente dacordo cos comentarios 4 e 5!

    ResponderEliminar
  9. Aposto a que ahora que están falando de redusir a velosida e apajar luses xa ten a escusa perfecta pa volvernos deixar a escuras

    ResponderEliminar
  10. Hai que crear a Plataforma de Vesiños con Tirachinas pa Deixar Vilanova a Escuras e deixarse de ensender velas no Bao.

    ResponderEliminar

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A administración do blog eliminará os comentarios que estime conveniente.